31 de maio de 2012

Ana, Ainara, Hugo e Diego; no campionato GALEGO de Atletismo representando ás E.D. Lourenzá Mondoñedo

4 representaremos teremos no Cto. Galego de Atletismo o vindeiro Sábado día 2 de Xuño en Ferrol.
Estes son os horarios:
Ainara Rguez: 
10,45: Semifinal 50 metros lisos
11,30: Final 500 metros lisos
Hugo Rguez:
10,30: Final lanzamento peso
Ana Vallines:
12,40: Final 1000 metros lisos
Diego Romay:
11,00: Semifinal 60 metros lisos
12,25: Final 2000 metros lisos
FOTOS DOS 4 PROTAGONISTAS!!!



25 de maio de 2012

Calendario Semanal

SÁBADO, 26 MAIO:
11,30 Horas:
Lourenzá Mondoñedo - Villalbés
Campo de Fútbol Viñas da Veiga.
Copa Provincial Infantil

16,30 Horas:
Cto. Galego Atletismo Infantil. PONTEVEDRA
Xana Rodríguez en 80 metros lisos e 220 vallas

22,00 Horas:
Festa Clausura das E.D. Lourenzá
Cea Baile no Pavillón Municipal.

DOMINGO, 27 MAIO:
18,00 Horas:
Bóveda - Lourenzá
Copa Provincial 1ª Autonómica e Preferente.
Saída: 14,30 Morrigan.

15 de maio de 2012

Nova victoria do equipo Infantil nunha gran temporada!!! Crónica La Voz. Noraboa.


26 DE MAIO, FESTA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ!!!

      Con motivo da celebración da Clausura das Escolas Deportivas, que será  o vindeiro   26 maio; aproveitamos para invitarvos co propósito de poder contar con vós nos actos e actividades programadas para dito evento que terán lugar en LOURENZÁ(Pavillón municipal). Esta temporada que finaliza supón tamén a I temporada que comenzamos coa unión ás Escolas de Mondoñedo na categoria Infantil e deportes minoritarios, que se intentará aumentar nas vindeiras temporadas á Cadete e Xuvenil.

Este ano queremos un FIN DE FESTA que se recode,  queremos algo distinto. Poñemos ENTRADAS para a Cea a un precio de 6 Euros para que toda aquela persoa que o desexe poda participar (socios, familiares, amigos, veciños.....).

Este ano queremos unha gran FESTA DE CLAUSURA, pero eso xa depende de vós: ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

As entradas estarán distribuidas en Cafetería Baos (Sto. Tomé), Xiraldo (S. Adriano),   Ana Sport e Panadería Neli (Vilanova)

PROGRAMA FESTA:
SÁBADO, DÍA 26 DE MAIO:
21,30 horas: PAVILLÓN MUNICIPAL.
Recepción de alumnos e recollida de material deportivo
22,00 horas: PAVILLÓN MUNICIPAL.
Comida de confraternidade para todos os participantes, directivos, famílias e amigos das E. Deportivas.
23,00 horas: CLAUSURA OFICIAL
Entrega de premios e regalos  / Acto de clausura OFICIAL.
A partir das 23,30 horas:
Baile e Festa

Recordade que a roupa de equipos (chandal, sudadera, pantalón, camiseta ......) deberedes entregala OBRIGATORIAMENTE durante esta xornada. A RECOLLIDA DESTE MATERIAL É IMPORTANTE, para poder ordear o mesmo de cara á temporada seguinte e repoñer o que sexa NECESARIO. *** Os únicos equipos EXENTOS de entregala son os primeiros equipos de fútbol e baloncesto; así como aqueles equipos que teñan competición durante o mes de Xuño.

Informamos ademáis que está aberto xa o prazo de renovación de fichas nas seccións de atletismo, fútbol, fútbol sala e baloncesto nas respectivas federacións correspondentes . Por tal motivo, as vosas fichas serán renovadas automáticamente, salvo que teñades novas propostas o cal o teredes que comunicar á maior brevedade posible

A DIRECTIVA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ

13 de maio de 2012

Atraco ás 5 en punto: Pablo Polo priva ó equipo de 1ª autonómica dun resultado positivo no Valadouro

Valadouro 2, Lourenzá 1. Fútbol 1ª Autonómica.
Descanso: 1-1.
Gol: Dani Rego.
A pesar dunha inxusta e nefasta arbitraxe do Sr. Pablo Polo, o equipo traballou no Valadouro a pesar de viaxar con tan só 11 xogadores. Tivo as ocasións máis claras chegando incluso a estrelar  dous balóns ó largueiro de Montxinho e Recalde.
Do Sr Polo decir que despois de falsear a acta arbitral fai 2 meses en Cabreiros pola ficticia agresión de Omar, no día de hoxe volveu a ser o absoluto protagonista e segue na súa línea absurda en contra dos nosos intereses a pesar de ter solicitado dende o clube  á federación que non volvera a dirixir a ningún equipo da nosa entidade.
Dende a directiva queremos FELICITAR a xogadores, míster  e afición por esta gran temporada e por ser un ano máis de PRIMEIRA. ÁNIMO LUCHI, ESTAMOS CONTIGO!!!
AUPA ATLETI!!!.

12 de maio de 2012

O equipo infantil imponse ás baixas e ó Lugo: Lourenzá Mondoñedo 2, Lugo 0

Alineación: Rego, José, Huertas, Noceda, Marcos, Hamza, Paulo, Farid, Luís, Vázquez e Aksay. Tamén xogaron Manu S., Pablo e David.
Goles: Hamza e Hamza!!!
Destacados: Hamza(3), Noceda(2) e Huetas(1).
Noraboa!!!

11 de maio de 2012

Montxinho, MVP do Lourenzá 3, Xermade 0

Xa temos o novo MVP da semana. Montxinho, que leva unhas cantas semanas "antolóxicas", proclámase como Mellor Xogador co 27% dos votos. A continuación, Jorge (21%) e Recalde e Bugui(18%). 
                              Montxinho, no último encontro diante do Xermade

Máis fotos do Lourenzá - Xermade. Pinchar para acceder.!!!

O Equipo celebra o gol de Montxinho!!!

Calendario Deportivo Fin de Semana

SÁBADO, 12 MAIO:
11,30 - Lourenzá Mondoñedo - Lugo
Fútbol Infantil. Sta. Cruz. Liga.

10,30 - Alfoz - Lourenzá
Fútbol Sala Benxamín. Pavillón do Valadouro ás 10:00 h.

17,00 - Lourenzá - Pontenova
Fútbol Xuvenil. Sta. Cruz. Copa.

DOMINGO, 13 MAIO:
17,00 - Valadouro - Lourenzá.
Fútbol 1ª Autonómica. O Árbol.

16,00 - 20 horas: Basket Benxamín.
Concentración partidos Basket Bx. Feminino.
Col. M. Otero. Saída Mondoñedo: 3,00 - 3,10 Cantón.

7 de maio de 2012

A armada invencible de Lourenzá Mondoñedo alcanza os 4 OUROS no Cto. Provincial de Atletismo. Noraboa!!!

Resultados da nosa armada nos CAMPIONATOS PROVINCIAIS: Noraboa a tod@s!!!
Alejandro Barreira - 6º en 50 m.lisos benxamín. 9,25
Diego Romay Prieto - Ouro en 60 m.lisos alevín. 9,19
Diego Romay Prieto - Ouro en 2000 m. lisos alevín. 7,25,9
Manuel Río - 9º en 2000 m. lisos. 9,55,7
David Rivas - 10º en 2000 m. lisos. 10,03,5
Iván López - 11º en 2000 m. lisos. 10,12,1
Iván López - 6º en 3000 m. lisos infantil: 15,37,06
Anxo Edrosa - 12º en lonxitude benxamín: 2,57
Imad Itrih - 15º en lonxitude benxamín: 2,22
Pablo Otero - 9º en peso infantil: 5,76
Hugo Rguez - 5º en peso alevín: 6,85
Pablo Fdez - 6º en peso alevín: 6,83
Bruno Santos - 7º en peso alevín: 6,43
Ilyass Khaled - 5º en jabalina infantil: 17,98
Iván López - 8º en jabalina infantil: 12,57
Pablo Otero - 10º en jabalina infantil: 9,76
Adnan Itrih - 4º en pelota alevín: 26,92
Iván López - 8º pelota alevín: 24,59
Hugo Rguez - 9º pelota alevín: 22,24
Imad Itrih - 4º en pelota benxamín: 22,09
Anxo Edrosa - 14º en pelota benxamín: 13,39
Ainara Rguez - Ouro en 60 m.lisos benxamín: 8,66
Ana Vallinez - 5ª en 60 m. lisos benxamín: 9,23
Lidia Barreira - 6ª en 60 m. lisos alevín: 10,29
Xana Rguez - Ouro en 80 m.lisos infantil: 11,52
Ainara Rguez - Prata en 500 m.lisos benxamín: 1,44,47
Ana Vallines - Bronce en 1000 m. lisos benxamín: 4,00,56
Xana Rguez - Prata en 220 vallas infantil: 38,75
Lidia Barreira - 4ª en lonxitude alevín: 3,25
Nerea Bajatierra: 4ª peso infantil: 6,42
Inés Polo: 12ª peso infantil: 5,43
Nerea Bajatierra: 9ª jabalina infantil: 11,62

Fotos do CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO DAS E.D. LOURENZÁ MONDOÑEDO

ACCESO A TODAS AS FOTOS DO CAMPIONATO PROVINCIAL:
ENLACE NÚMERO 1
ENLACE NÚMERO 2
Xana, medalla de ouro en 80 metros lisos
Ainara, campiona provincial en 60 metros lisos
Diego Romay, gañador da carreira de 2000 m.lisos

Goles do Lourenzá 3 Xermade 0.


6 de maio de 2012

O Lourenzá baila ó ritmo de Montxinho para ser os abanderados da Mariña!!!

LOURENZÁ 3, XERMADE 0. 
Catro victorias nos catro últimos encontros. Qué pena que acabe esta liga!!!.
Nun gran momento de forma, os rapaces de J. Manuel solventaron o encontro diante do Xermade con máis facilidades das previstas inicialmente. 
Goles: 
1-0: Oli. 2-0: Montxinho. 3-0: Recalde.
Oli abreu a lata dentro da área, e a partir de ahí o partido foi máis sinxelo para os rapaces de J. Manuel, con chegadas perigosísimas diante da meta do Xermade. Os únicos momentos de incertidume foron a comenzos da segunda metade, nas que o Xermade se estirou tratando de buscar a igualada. Un zarpazo de novo de Montxinho decantaba un partido no que Recalde lle poñía a puntilla ó marcador.
Noraboa!!!


O Lourenzá - Xermade, en directo a través de edlourenza.blogspot.com

Se hoxe non podes estar con nós en Sta. Cruz, poderás seguir a evolución do encontro así como todas as incidencias do mesmo a través desta páxina. O equipo busca a 4ª victoria consecutiva!!!A partir das 17,00 horas!!!.



Última hora do Lourenzá - Xermade. La Voz.

Lourenzá-Xermade (17 horas)
Con la única intención de terminar el curso ofreciéndole una victoria a los suyos y acabar como mejor mariñano, el Lourenzá se enfrenta al Xermade. Son bajas Xoel, Toñito, Chinco, Chicho, Marcos, Pablo y Omar.

Lourenzá: Bugui; Pepe o Pachicho, Oli, Israel, Luchi, Dani Rego, Lucas, Garrafín, Jorge, Recalde y Moncho.

5 de maio de 2012

Jorge, MVP DO Pastoricense 1, Lourenzá 2.

Jorge, co 31% dos votos, acaba de ser elexido MVP da semana despois de realizar un partido moi completo diante do Pastoricense. Nas Escolas dende os 6 anos, este rapaz non deixa de sorprendernos na súa progresión e ós seus 19 anos  xa é un dos baluartes do equipo de 1ª Autonómica.
 Completan o pódium Luchi(29%) e Recalde (12%). 
Jorge, o día do seu debut en pretemporada diante do C. Barreiros

Actualizados resultados!!! Victoria en Basket Autonómica!!!


4 de maio de 2012

Actualizada Programación deportiva


3 de maio de 2012

As E.D. Lourenzá Mondoñedo estarán con 30 atletas no Campionato Provincial de Atletismo

Na maioría das probas do Campionato Provincial Escolar a celebrar o vindeiro domingo 6 de maio en Lugo (Estadio Gregorio Pérez Rivera) as Escolas de Lourenzá e Mondoñedo teremos representación.Ata un total de 30 atletas se clasificaron para estas finais e o domingo intentarán subir ó pódium nas categorías benxamín, alevín e infantil.
SAÍDA BUS: 9,00 (Cantón) - 9,10 (Gasolinera Mondoñedo).
Próximas datas:
Sábado, 26 de Maio: Cto. Galego Infantil. Sede: A determinar.
Sábado, 2 de Xuño: Cto. Galego Alevín e Benxamín. Ferrol
Moita sorte!!!

Iván Recalde, charla en directo en futbolucense.com. "Pinchar para acceder"


J. Manuel na Voz: "A permanencia é mérito do gran traballo dos rapaces" Fútbol 1ª Autonómica.


2 de maio de 2012

Fútbol 1ª Autonómica: UN TRABALLO BEN FEITO. J. Manuel felicita á plantilla en El Progreso.


1 de maio de 2012

Os alevíns teñen de novo unha cita coa HISTORIA. Sábado 5 Maio. Provincial Fútbol Sala

HORARIOS PROVINCIAIS FUTBOL SALA
SEDE: BURELA . BENXAMÍN – ALEVÍN

MAÑÁ
10:30  BURELA FS – AZKAR PRONE  ( Alevín)
11:30  BURELA FS – LUMIEIRA   (Benxamín)
12:30  ED LOURENZÁ – LUMIEIRA   ( Alevín)
13:30  PRAIA DE COVAS – SALESIANOS  (Benxamín)

TARDE
16:00  3º- 4º POSTO  (Alevín)
17:00  3º -4º POSTO  (Benxamín)
18:00  Final alevín
19:00  Final benxamín
20:00  Entrega de medallas

MOITA SORTE!!!!!!!!!!!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe