O Morangrupo Lourenzá concéntrase este fin de semana disputando un torneo en terras cántabras. Pablo Castro poderá así coñecer máis de preto a plantilla que ilusionará unha temporada máis. En principio podemos adiantar que 4 xogadoras serán as vinculadas que participen en Liga Feminina co Ensino e en Nacional con nós: Andrea Viador, Andrea Fdez, Paloma Dorda e Xiana Fdez.
Andrea Viador Castro. Alero. 19 anos. Formada nas categorías inferiores do Ensino. Estivo con nós na última temporada do equipo en autonómica como xogadora junior, e o ano pasado disputou moitísimos minutos como sénior de primeiro ano en Liga Feminina-2
Xiana Fernandez Sanchez, base de 1,76 cm. Ten 18 anos e procede do Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Na temporada 13-14 estuvo no Strasburg High School de Colorado (USA) e foi seleccionada para o Colorado All-State. Paloma Dorda, alero de 1,85 cm. Ten 18 anos e o seu último equipo foi Maristas de Coruña (1ª División Nacional). Nas temporadas 2012/2013 e 2013/2014 formou parte de S.XXI en Barcelona(FEB), no que o equipo participo na LF2.
Andrea Fernández, alero de 1,83 cm., ten tamén 18 anos e procede do CB Némesis de Cantabria. Desde a categoria cadete formou parte de diversas seleccións da súa Comunidade Autonoma.

Continúan na plantilla con respecto ó ano pasado a escolta Marta García e a pívot Andrea Meilán, que intentarán dar a dosis de experiencia e saber facer ó equipo.
Ademáis incorpórase ó primeiro equipo procedente das juniors a pívot Uxía Carreira.
De momento 7 xogadoras sénior ás que hai que sumar as xogadoras que poden subir ó primeiro equipo do Ensino Junior e das Escolas Lourenzá; xogadoras que irán entrando na convocatoria e que lles servirá de trampolín para medirse nunha liga de ámbito nacional. A plantilla, de todos xeitos, non está pechada.
Andrea Fdez, procede do Némesis cántabro |