28 de set. de 2015

Pablo Maseda e Xavier Valoría firmaron o pasado venres un convenio de colaboración entre as Escolas e o Toxiza Clube Montaña

Un novo clube que naceu fai moi pouco en Lourenzá especializado na alta montaña colaborará coas Escolas Deportivas. O pasado venres día 25 de setembro os presidentes de ambos clubs firmaron un acordo de colaboración. O máis significativo do mesmo é que o Clube Toxiza levará o nome das Ed Lourenzá na equipación nas probas en que participe; ademáis de colaboración mutua en eventos, cesión de espacios para xuntanzas, .....
Esta colaboración súmase ós convenios que as Escolas manteñen en múltiples frentes e que fan que sexa un exemplo a seguir e a imitar: co Concello de Lourenzá para o traballo das Escolas Deportivas, co Ensino Lugo de basket, co Mondoñedo CF para a práctica do fútbol, co Atletismo Lourenzá para o Running, co Ed Lourenzá Ciclismo para o Ciclismo..... Noraboa!!! Que viva o Deporte en Lourenzá!!!
E.D. LOURENZÁ, 100% DEPORTE.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe