Visualizacións de páxina totais

7 xul, 2015

O primeiro equipo de Basket das Escolas volverá a ser de Nacional!!!

No día de hoxe as Escolas Deportivas fixeron efectivos diante da federación os avais bancarios así como as cuotas de afiliación para sair un ano máis en Categoría Nacional, xa que neste día remataba o prazo para a inscripción de equipos, e a partir de mañá saberemos os equipos que formarán parte da liga para a vindeira temporada 2015 2016 en 1ª División Nacional.
O equipo sufrirá unha importante remodelación sobre todo dende o posto de adestrador, posto que a partir de agora búscase a persoa que sustitúa a Juan Nécega como xefe de operacións.
En canto ó plantel, a composición do mesmo estará en función das xogadoras que conformen o equipo en Liga Feminina, aínda que é case seguro que as tres xogadoras que o ano pasado tiñan a vinculación sub-23 Rocío Varela, Tamara Montero e Sara Cuíña formen parte só do 1º equipo, así como Raquel Asensio. 
Espérase a continuidade de Andrea Meilán, Marly Varela, Marta García, Paloma Valín e Almudena Puente, polo que a prioridade agora céntrase na contratación de 3 ou 4 xogadoras que apuntalen o equipo para unha nova campaña, ademáis das junior que pasan a categoría sénior. 
Ademáis a idea do clube é a de crear un equipo junior das Ed Lourenzá Mondoñedo onde dúas ou tres xogadoras estén vinculadas directamente ós equipos de Autonómica e Nacional.
Por último, tamén se traballa nun novo spónsor para esta vindeira campaña que leve o nome do equipo por parte da xeografía nacional.

El Ensino da el mando del primer equipo a Juan Nécega. La Voz.

6 xul, 2015

Parabéns ó GRAN JUAN NÉCEGA RGUEZ!!! Dende mañá adestrará a un Equipo de Liga Feminina-2.

Dende o día de hoxe xa é oficial. Juan Nécega dirixirá ó equipo de Liga Feminina-2 do Ensino Lugo. Juan leva os últimos 8 anos capitaneando a estructura das escolas deportivas na súa sección de baloncesto e dirixindo ó primeiro equipo  primeiro en Liga Autonómica e os últimos 3 anos en Liga Nacional. Chegou o momento de pegar o salto e convertirse nun adestrador profesional dirixindo ó equipo de Liga Feminina-2 do Ensino. Juan seguirá vinculado ademáis co equipo noso de Nacional pois terá 3 xogadoras sub-23 vinculadas ó primeiro equipo.
Dende a Directiva queremos agradecer todo o traballo realizado por este inmenso adestrador que deixa unha gran pegada en Lourenzá pola súa forma de transmitir os valores do deporte. Desexarlle ademáis moitísima sorte nesta nova andaina na que estamos seguro que alcanzará todos os obxectivos que se propoña. Moita sorte, Campión!!!.
                                                                A DIRECTIVA DAS E.D. LOURENZÁ

Comunicado do Ensino Porta XI Lugo no día de hoxe:
"La junta directiva del PORTA XI ENSINO ha decidido confiar la dirección del equipo de LF2  a JUAN NÉCEGA, entrenador mariñano que cumple su sexta temporada en la estructura del club.Juan Nécega, ha dirigido, entre otros,  al equipo de Primera División Nacional (Durán Maquinaria Lourenza) que ha disputado la Fase de Ascenso a  Liga Femenina 2 las dos ultimas temporadas.Destacar la implicación y fidelidad al club que ha demostrado en todos estos años, lo que le hace merecedor de nuestra confianza de cara a la próxima temporada" PORTA XI ENSINO

Convocatoria Socios Escolas Deportivas: Xoves, 9 Xullo. Salón Actos Concello de Lourenzá!!!


1 xul, 2015

Isaac, Diego Rego e Suso Foro apuntalan ó Augacons Lourenzá de cara á Primeira Autonómica

Sta. Cruz acolleu onte martes ás 20 horas a presentación de 3 novos xogadores de cara á ilusionante nova temporada que comenza para o equipo de 1ª autonómica. Isaac Fdez (que a temporada pasada militou no Viveiro e no Valadouro pero formado nas categorías inferiores das Escolas Lourenzá e Lugo), Diego Rego (procedente do Iberia pero que militou en temporas anteriores na plantilla das Escolas) e Suso Foro (procedente do Valadouro) estiveron acompañados no día de onte de Pablo Maseda (presidente do clube), Juan López (patrocinador do equipo "Construcciones Augacons") e o secretario técnico do equipo Oscar González
No día de onte Roberto Ramallal asignou tamén a súa renovación como adestrador do equipo, e mostrouse moi satisfeito de reforzar o equipo sobre todo en posicións defensivas que era onde máis se necesitaba.
Isaac pode cumplir de medio centro defensivo, lateral ou incluso de central, mentres que Diego Rego e Suso apuntalan o centro da defensa do equipo.

Isaac, Diego Rego e Suso coa directiva e Roberto Ramallal onte en Anfield Cruz

Fotazas do equipo Infantil no Costa Nova. Acceder para ver todas!!!

Julián celebrando un gol con Anouar e Diego
Ángel controlando un balón diante dun oponente

12 + 1 títulos en Medal(Coaña) e Sante(Trabada) aumenta o caché do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo!!!

RESULTADOS MEDAL. SÁBADO DÍA 27.
INICIACIÓN:
            1.- HENAR MÉNDEZ 
BENXAMÍN FEMININO:
            1.- DIANA LASTRA
            2.- IRIA RODRÍGUEZ
 BENXAMÍN MASCULINO:
            1.- IAN MÉNDEZ
 ALEVÍN MASCULINO:
            1.- NICOLÁS ÁLVAREZ
            2.- HUGO VILLALBA
ALEVÍN FEMININO:
            2.- VALERIA ÁLVAREZ
 INFANTIL FEMININO:
            1.- AINARA RGUEZ.
            3.- CLAUDIA GRAÑA
 CADETE MASCULINO:
            1.- PABLO IRIMIA
            2.- LUÍS LÓPEZ
 XUVENIL FEMININO:
            1.- ROSALÍA RGUEZ.
 O Atletismo Lourenzá, contribuía a aumentar o botín cos seguintes resultados
VETERANAS A FEMININO:
            1.- LOLI PIÑEIRO
            2.- MARISA ARES
SÉNIOR MASCULINO:
            3.- MARCOS RODRÍGUEZ
RESULTADOS SANTE:
INICIACIÓN:
            3.- AMINA BOUYZAR 
 BENXAMÍN MASCULINO:
            1.- BRAIS DÍAZ
 ALEVÍN FEMININO:
            1.- HIBA BOUYZAR
            2.- CARME ALONSO
            3.- MARTA ALONSO
 INFANTIL FEMININO:
            1.- ANA VALLINES
            2.- ALBA ALONSO
INFANTIL MASCULINO:
            1.- ALEIX DÍAZ
 CADETE FEMININO:
            1.- ANDREA CANCIO

Parte do equipo desprazado a Medal (Coaña) - Asturias
Parte do equipo desprazado a Sante(Trabada)

25 xuñ, 2015

Hoxe Xoves, último día recollida de Tickets Clausura!!!

Hoxe remata o prazo para recoller as entradas para a cea baile que pon o fin de festa á temporada deportiva das Escolas!!!
  
LEMBRADE:
ENTRADAS LOURENZÁ: MORRIGAN, ANA SPORT.

ENTRADAS  MONDOÑEDO: O RINCÓN, LA ALIANZA, A FONTE VELLA
Foto premidados 2014 2015

24 xuñ, 2015

Choiva de trofeos na Popular Asturiana de Valdepares!!!

O domingo 21 a sección de atletismo das escolas disfrutaba dunha nova popular, neste caso a tradicional carreira do Corpus da localidade asturiana de Valdepares; onde deron trofeos ós 3 primeiros de cada categoría.
Os Atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo:Categoría Prebenxamín feminina:Henar Méndez - 1ª Clasificada. Categoría Benxamín feminina:Iria Rguez - 2ª Clasificada. Categoría Benxamín masculina:Ian Méndez - 3º Clasificado.Categoría Alevín Masculina:3º Clasificado: Hugo VillalbaCategoría Infantil Feminina:Ainara Rguez - 2ª Clasificada Claudia Graña - 3ª ClasificadaCategoría Cadete Masculina:Pablo Irimia - 3º Clasificado.Categoría Junior Feminina:Carmen López - 2ª Clasificada.
En canto ás E.D. Lourenzá Atletismo  estes son os resultados:Feminina:
Loli Piñeiro: Terceira da categoría (sexta da xeral).
Masculina:
Marisa Ares: Segunda da categoría (cuarta da xeral).
Martín Pardiñas: Segundo da sua categoría (séptimo da xeral).
Marcos Rguez: Quinto da categoría ( noveno da xeral).
Alex Villalba: Sexto da categoría ( décimo da xeral).
Parte do equipo desprazado a Valdepares cunha nova actuación de sobresaínte

A sección de ciclismo das Escolas representada nun Open de Cto. de España!!!

Gran día de btt este domingo en Bembibre no open de España , un recorrido esixente pero moi bonito , con zonas rodadoras subidas duras e baixadas moi técnicas , e que contaba con un nivel de participantes impresionante , empezando como non por Javi Busto , Brandán Marquez , Pedro Romero , Paco Mancebo , del Nero , Turjillo , etc . 
Do ED Lourenza Ciclismo nesta ocasión competiron Javi Tarangu e Javier Peixe , os dous remataron o maratón sin incidentes a non ser por un pinchazo de Javi Tarangu nos ultimos kilómetros da carreira .
Ó final dos 70 quilómetros Javier Peixe entraría no posto 58 da xeral e 9 máster 40 con un tempo de 03:36:46 , e Javi Tarangu entraría no posto 103 da xeral con un tempo de 04:14:13 .

Javi Tarangu en plena ascensión no Open de Bembibre


2 Triunfos e 5 pódiums completan unha gran actuación na X Carreira Guitiriz Termal!!!

O pasado sábado día 20 de xuño  varios representantes das Escolas estiveron na X Guitiriz Termal. Co título de Iria Rguez. na categoría benxamín e Ainara Rguez na categoría infantil os atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo volvían a estar unha semana máis no máis alto do pódium. Ademáis, Ian Méndez recollía un novo metal(bronce) na categoría benxamín masculino.
En canto ás E.D. Lourenzá Atletismo  lograban tamén unhos excelentes resultados:
Marcos Rguez. obtiña o posto 9 da xeral, quinto da súa categoría, ó recorrer 7,200 km nun tempo de 28,09 minutos.Loli Piñeiro, colouse segunda da categoria e terceira da xeral mentras Marisa Ares entrou en meta cuarta da xeral e terceira da súa categoría obtendo ámbalas dúas tres podiums para o clube.
Ainara Rguez. unha vez máis no alto do podium!!!


22 xuñ, 2015

Gran Cea Baile de Clausura o vindeiro sábado día 27!!! 22,00 horas!!! Pavillón Viñas da Veiga!!!

        Con motivo da celebración da Clausura das Escolas Deportivas, que se celebrarán durante o vindeiro sábado día 27 de xuño; aproveitamos para invitarte co propósito de poder contar coa túa presencia nos actos  programados para dito evento que terán lugar este ano en Mondoñedo

SÁBADO, DÍA 27 DE XUÑO:

22,00 horas:
PAVILLÓN DE MONDOÑEDO
Cea de confraternidade para todos os alumn@s das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo.
O resto do público que queira acudir terán entradas á súa disposición á venta ata o Mércores 24 de xuño. Ticket Adulto (10 euros), Ticket Infantil (5 euros).
ENTRADAS VENTA LOURENZÁ: MORRIGAN, ANA SPORT.

ENTRADAS VENTA MONDOÑEDO: O RINCÓN, LA ALIANZA, A FONTE VELLA

23,00 horas:
PAVILLÓN DE MONDOÑEDO
CLAUSURA OFICIAL. Entrega de premios e regalos. Acto de clausura OFICIAL.
A partir das 23,30 horas:
Actuación de Discomóvil.

Premiados temporada 2014/2015

16 xuñ, 2015

Resultados e Fotos do Galego de Atletismo!!! 7 Metais como 7 Soles!!! Novo Récord Histórico do Maderas Barcia!!!

VER AS FOTOS DA XORNADA

RESULTADOS ATLETAS MADERAS BARCIA LOURENZÁ MONDOÑEDO
VER TODOS OS RESULTADOS DAS PROBAS

Alba Alonso, na final dos 80 metros lisos
Ainara Rguez no centro, que caía na 1ª curva de 500 m. lisos e remataba así e todo na 8ª posición

Ana Vallines Fernández. Campiona Galega no Cto. Galego de Atletismo. Ferrol. 13 de Xuño de 2015

Campiona Galega en 3000 Infantil Feminino: 11,22,12
Ana no máis alto do pódium como Campiona Galega

Nicolás Álvarez Fojo. Subcampión Galego no Cto. Galego de Atletismo. Ferrol. 13 de Xuño de 2015

Subcampión galego en 1000 lisos alevín: 3,17,01
Nicolás Álvarez en plena carreira de 1000 m. lisos

Carmen García Vázquez. Subcampiona Galega no Cto. Galego de Atletismo. Ferrol. 13 de Xuño de 2015

Subcampiona galega en altura benxamín. 1,11

David Martínez Janeiro. Medalla de Bronce no Cto. Galego de Atletismo. Ferrol. 13 de Xuño de 2015

Bronce en Lonxitude benxamín con 3,28

Salto no que lograba o 3,28 e o subía á 3ª posición

Hugo Villalba León, medalla de bronce no Cto. Galego de Atletismo. Ferrol. 13 de Xuño de 2015.

3º- Bronce en alevín 2000 m. lisos. 7,14,82
Hugo no centro da imaxe en plena saída de 2000

Aleix Díaz Salas. Medalla de Bronce en 500 m. lisos. no Cto. Galego de Atletismo. Ferrol. 13 de Xuño de 2015

Bronce en 500 m. lisos con 1,24,64
8º en 80 m. lisos con 11,69

Bruno Santos Díaz. Medalla de Bronce no Cto. Galego de Atletismo. Ferrol. 13 de Xuño de 2015.


Bruno con un Bronce en martillo infantil  20,73

Os Pitufos, Subcampións de Copa de A Mariña!!!

Os pitufos buscaban este pasado domingo un doblete que non pudo ser. Ganaban en semifinais ó Burela e caían nas finais diante do Xove. A pesar de todo, rematan un ano memorable onde lograron o título de Campións de liga e, sobre todo, disfrutaron e fixeron disfrutar á afición, amigos e familiares. Grandes!!! 
Plantilla Campión de Liga 2014/2015

Unha Exhibición de 10!!! O público que abarrotou o pavillón disfrutou dunha inolvidable gala!!! Noraboa!!!

Equipo participante na exhibición do pasado domingo!!!

12 xuñ, 2015

Este Domingo 14 toca Exhibición!!! O Espectáculo da Sección de Patinaxe!!! 19:00 horas. Pavillón Municipal


21 PEQUENAS BALAS REPRESENTARANNOS NO CTO. GALEGO DE MENORES. ATLETISMO. SÁBADO 13. FERROL.

21 Atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo obtiveron clasificación para o Cto. Galego de Menores a disputar mañá sábado día 13 de Xuño en Ferrol.
Alevín Masculino: Nicolás Álvarez en altura, Hugo Villalba en 2000 e Fernando Vallines en Peso.
Infantil Masculino: Aleix Díaz en 500 e 80 lisos, Adnan Itrih en disco e xabalina, Bruno Santos en Peso e Martelo e Víctor López en 1000.
Benxamín Masculino: Brais Díaz en pelota, David Mtnez. en Altura e Lonxitude, Ian Méndez en 1000 e Bruno López en peso.
Alevín Feminino: Carme Alonso en 2000.
Infantil Feminino: Mencía Mtnez-Sierra en Peso e Disco, Ainara Rguez. en 500, Ana Vallines en 3000, María Vallines en Peso e Martelo, Noa Otero en Martelo e Alba Alonso en 80 lisos.
Benxamín Feminino: Carmen García en altura e 1000, Diana Lastra en 500 e 50 e Iria Rguez. en altura e 1000.

Os Pitufos buscan o doblete: Semifinais e Finais de Copa. Domingo día 14!!!

DOMINGO, DÍA 14. BURELA.
SEMIFINAIS: 
11,00 - MADERAS BARCIA LOURENZÁ - BURELA F.S. 
(PAVILLÓN MONTE CASTELO)
ÁS 13 HORAS SERÍA A FINAL HIPOTÉTICA CO VENCEDOR DO XOVE/FOZ.
(PAVILLÓN V. ALEGRE)
MOITA SORTE!!!
PITUFOS CON SANTIAGO DE FOZ EN LOURENZÁ NO PARTIDO DE LIGA

9 xuñ, 2015

A focense Rosalía Rguez. Subcampiona Galega de 400 valados xuvenil!!! Carmen López Diniz, 4ª no triple salto!!!

    O pasado domingo os atletas xuvenís acudían ó Cto. Galego nas Pistas Universitarias de Elvira (A Coruña) destacando o resultado da atleta focense do Lucus que adestra dende fai dous meses baixo a disciplina das Escolas Deportivas e que acadaba o subcampionato galego nos 400 valados xuvenil; que a pesar de non estar entre as 3 mellores do ranking baixou en 3 segundos a súa mellor marca persoal para acabar no pódium.
            Ademáis, a atleta Carmen L. Diniz obtiña un meritorio 4º posto no triple salto.
            Todos os resultados:
Rosalía Rguez
400 vallas
2ª FINAL
1,12,91
Rosalía Rguez
Lonxitude
5ª Final
4,36
Eugenio Pérez
100 lisos
Semifinal:7º
12,65
Eugenio Pérez
2000 obst.
6º Final
8,02,2
Carmen López Diniz
Triple salto
4ª Final
9,26
Carmen López Diniz
2000 obst.
6ª Final
9,16,5
Ivilene Pereira
100 lisos
Semifinal: 4ª
14,45
Ivilene Pereira
Lonxitude
7ª Final
4,30
Aaron Rivas
2000 obst.
5º Final
7,07,4

            O vindeiro sábado día 13 terá lugar en Ferrol o Cto. Galego de Atletismo para categoría inferiores nas categorías benxamín, alevín e infantil; onde de novo os atletas do Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo tentarán de ter de novo o seu protagonismo. Seguiremos Informando!!!
Rosalía, Subcampiona galega de 400 valados
Carmen L. Diniz co triple salto

A sección de ciclismo disfrotou da Clásica dos Lagos de Covadonga!!!

Crónica Facebook Ed Lourenzá Ciclismo:
Como sempre os lagos non defraudan e son un exito de participación e organización , e eso que o dia non foi moi bon xa que estivo cuberto de niebla toda a proba . do noso club participaron nada menos que 12 ciclistas , unhos iban ca idea de simplemente rematar outros de mellorar a marca de outros anos , e para algún era a primera vez que se enfrentaban a un reto como este , nada menos que 110 kilómetros e 2200 de desnivel para rematar nun puerto de primeira categoría como son os lagos de Covadonga .
Clasificacion


Juan Nécega e as súas gladiadoras de Nacional logran o Subcampionato Galego sub-22!!!

Tamara Montero recolle o trofeo de Subcampión Galego Sub-22
Foto co campión Celta de Vigo onde as baixas de Rocío Varela e Sara Cuíña pasaron factura

8 xuñ, 2015

UN EQUIPO ÚNICO: Xogadores do 1º equipo e a Directiva das Escolas arranxan Anfield Cruz. Todas as Fotos da Xornada!!!

A partir deste pasado sábado Sta. Cruz empezará a recobrar o seu mellor aspecto de cara a unha nova temporada onde o primeiro equipo das Escolas volve á Primeira Autonómica.
Tras un traballo de aboado, escarificado e rexeneración con area de sílice a alfombra de Sta. Cruz volverá a lucir entre os mellores campos da categoría, gracias ó traballo colectivo da gran familia das Escolas. Un 10 para todos!!! Un gran exemplo!!!
VER TODAS AS FOTOS DA XORNADA



Este Domingo próximo toca Exhibición!!! O Espectáculo da Sección de Patinaxe!!! 19:00 horas. Pavillón Municipal


5 xuñ, 2015

Fin de semana!!! Citas Deportivas

SÁBADO, 6 DE XUÑO:
TODO O DÍA: FÚTBOL INFANTIL.
TORNEO DE FÚTBOL SD RIBADEO.
9,00 - CLÁSICA LAGOS DE COVADONGA.
CANCAS DE ONÍS. SECCIÓN CICLISMO.
DOMINGO, 7 DE XUÑO:
10,30 CTO. GALEGO ATLETISMO XUVENIL
A CORUÑA.
10,00 - INAUGURACIÓN  RUTA SENDERISMO.
LOURENZÁ. RUTA "VAL DE LOURENZÁ"
TODO O DÍA: FÚTBOL INFANTIL.
TORNEO DE FÚTBOL SD RIBADEO.
Os atletas xuvenís disputarán este vindeiro domingo en Coruña o Galego de Atletismo!!!

2 xuñ, 2015

NEREA BAJATIERRA VILA LOGRA UN NOVO METAL PARA O MADERAS BARCIA LOURENZÁ MONDOÑEDO. SUBCAMPIONA GALEGA DE PESO!!!

            O pasado sábado os atletas de categoría cadete desprazábanse a Pontevedra para participar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva no Cto. Galego de Categoría Cadete.
            A atleta mindoniense Nerea Bajatierra lograba o subcampeonato galego en peso cun mellor lanzamento de 10,09; a 40 cms. do ouro e o que é o mesmo, a  40 cms. de participar no Cto. De España por Autonomías (pois  estarán os gañadores de cada proba representando á Selección Galega). Nerea completa así un fantástico ano no que tamén acadou no mes de febreiro o subcampionato galego de pista cuberta.
            Ademáis, participaron os seguintes atletas:
            Lidia Barreira. 4ª en altura com 1,40; 10ª en lonxitude con 4,12 e 4ª en triple salto com um mellor salto de 9,87
            Xana Rguez. 8ª en 300 valados con un tempo de 53,45
            Luís López. 8º en 1500 obstáculos con un mellor rexistro de 5,27,87
            Pablo Irimia: 9º en 1500 obstáculos con unha marca de 5,31,01
 
Pablo, Xana, Lidia e Luís representándonos en Pontevedra!!!
Nerea no pódium como subcampiona galega

1 xuñ, 2015

Roberto Ramallal seguirá un ano máis ó fronte do Augacons Lourenzá que volve a Primeira Autonómica.

Roberto Ramallal Comendeiro seguirá un ano maís á fronte do primeiro equipo das Escolas Deportivas despois de lograr esta temporada o ascenso a 1ª autonómica na súa primeira temporada no banquillo laurentino.
Roberto centrará a súa atención a partir deste momento xunto coa directiva das Escolas en renovar á maioría do plantel que esta temporada acadou o ascenso despois dun ano en segundo autonómica; así como buscar algún reforzo que poda apuntalar a plantilla para disputar unha liga tan esixente como é a de 1ª autonómica.

Roberto Ramallal celebrando coa plantilla o retorno a Primeira!!!