27 de ago. de 2019

E viñemos de Ribadeo(nocturna Rinlo-Ribadeo) cargados de Trofeos: Carlota e Damián en Prebenxamín, Lidia, Ángela e Borja en Benxamín, Carmen e Lourdes en infantil, Iria Otero en cadete e Ana, Anxo e Marcos en xuvenil. Noraboa a tod@s!!!








Galego 1000 en ruta: Lidia Balseiro campiona galega benxamín, Ana Vallines subcampiona provincial milla absoluta e pódiums ademáis para Marcos Rivas e Aroa Ferreiro na popular!!!

Gran actuación de novo das balas do Maderas Barcia Lourenzá que brillaron nesta ocasión no CAMPIANATO GALEGO DE 1000 EN RUTA E NO PROVINCAL DE MILLA FEDERADO.
A benxamín Lidia Balseiro (sub-10) facíase co trono de campiona autonómica nos 1000 lisos, nunha proba que dominou de principio a fin e na que marcou un tempo final de 3,46.
Ademáis dase a paradoxa de que Ana Vallines(sub-20) facíase con nin máis nin menos que con 3 trofeos en Guntín: Subcampiona absoluta provincial de milla con un tempo de 6,01; campiona xuvenil da proba popular e subcampiona absoluta da proba popular.
Ademáis, subiron ó pódium na proba popular Marcos Rivas en categoría sub-20 con un tempo na milla de 5,32 e Aroa Ferreiro (sub-10) bronce na popular e 4,37.
Ademáis participaron Pedro Moirón, 5º posto na popular con 4,37 e Carmen García 4ª con 4,03 nos 1000 lisos.



24 de ago. de 2019

III Desafío en rampa de saída!!! Presentado Oficialmente!!! Go!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 8 de setembro chegará a III edición do Desafío.

Nun acto no que estiveron presentes a nosa Alcaldesa  Rocío López, a concelleira de Deportes  Sonia Gavino, os presidentes do C.C. Viveiro César Lage, de Atletismo Lourenzá Luís Graña e das Escolas Pablo Maseda, así como tres representantes de E.D Lourenzá Ciclismo: Juan Luís Méndez, José Manuel López e o triatleta Anxo Edrosa ; presentouse a III Edición do Desafío Tovar que inclúe nesta nova edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo (a día de hoxe máis de 70 inscritos) polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá dende Tovar ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 11,00 teremos carreiras populares para menores e xa ás 12,00 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeir@s clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 29 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 3 de setembro!!!


22 de ago. de 2019

O Maderas Barcia Lourenzá xa carbura motores!!! Presentada oficialmente a sección de atletismo!!!

Nun acto presidido pola nosa alcaldesa Dª. Rocío López presentouse a sección de atletismo das nosas escolas. Estiveron tamén o noso presi Pablo Maseda, o directivo Lino García e o patrocinador principal da sección Javier Barcia.
Continúan traballando na sección os 3 adestradores que xa estiveron con nós a pasada tempada:
Juan Luís Méndez estará ó fronte das carreiras e da sección de duatlon, Ismael Vallines na especialidade de lanzamentos e Rubén García na modalidade de saltos e coordinador da sección.
Os adestramentos en equipo serán os luns no ximnasio, e martes en xoves en campo de 19 a 20,30 horas.
Os alumn@s que queiran incorporarse á sección poderán facelo nas vindeiras semanas ata finais de setembro, prazo no que quedará pechado o equipo para esta tempada 2019 2020.
A sección estrease este vindeiro domingo pola parte grande, coa participación de varios atletas no Cto. Galego de 1000 metros e o Provincial de Milla en Guntín.
A expedición estará formada por:
Benxamín: Aroa Ferreiro, Lidia Balseiro. Pedro Moirón.
Alevín: Emma García, Henar Méndez.
Infantil: Iria Rguez, Carmen García.
Cadete: Iria Otero.
Ademáis participarán no provincial de milla federado Marcos Rivas e Ana Vallines.

6 pódiums das Balas na prestixiosa Figueras Solidario!!!

Disfrutamos dun ano máis da solidaria para recaudar fondos na loita contra o cancro por medio da fundación Sandra Ibarra.
En benxamín: título feminino para Aroa Ferreiro e masculino para Pedro Moirón.
En alevín, subcampionato feminino para Lidia Balseiro e masculino para Iago Longarela.
E en cadete, subcampionato para Iria Otero e bronce para Carmen García.
Representounos na proba absoluta Marcos Rivas.
Seguimos!!!

20 de ago. de 2019

Aberto Prazo Inscrición Escolas 2019 2020 para NOVAS ALTAS. SÓ ALTAS NOVAS!!!


A partir do día de hoxe todos os alumn@s que queiran inscribirse por primeira vez nalgunha sección das Escolas poden facelo: FÚTBOL, FÚTBOL SALA, BALONCESTO, ATLETISMO, CAMPO A TRAVÉS, DUATLON, CICLISMO E PATINAXE. Son en total 8 deportes que apostan pola continuidade das últimas tempadas.
A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes. O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.
Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala no Concello de Lourenzá ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.
Tamén poderedes facer a inscripción online, sen desprazamentos. Só tedes que cubrir o formulario que encontraredes en www.edlourenza.blogspot.com.es
A roupa oficial do clube tamén está á vosa disposición a través da páxina das escolas:
O pack de competición terá un coste de 70 euros (Plumífero, Chándal e Polo) para os alumn@s e soci@s das Escolas Deportivas . A maiores hai a opción de sudadera, chubasqueiro, camisetas adestramento, chaqueta corta....
Lembrade por último que os alumn@s que xa formastes parte de edicións pasadas non necesitades enviar de novo a vosa inscrición se os datos seguen sendo os mesmos, xa que a vosa renovación será de forma automática.


 "Lourenzá, Somos Deporte"

8 de ago. de 2019

Yago Cruña e Jesús Losada(Chicho) ó frente do xuvenil e Michael Sante e Jose Hdez. co Cadete e infantil. Presentados Oficialmente!!!

Baixo a presencia da nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e a nosa concelleira de deportes Dª. Sonia Gavino así como de directivos e do noso presidente D. Pablo Maseda; presentaronse os xogadores do equipo xuvenil, cadete e infantil para esta tempada 2019 2020.
Baixo o xuvenil que seguirá co patrocinio do Rei das Tartas asumen a dirección Yago Cruña e Jesús Losada. Yago incorporouse recentemente ó plantel de 1ª autonómica e conta co título de adestrador, e fará tandem con Jesús Losada que estivo durante varias tempadas formando parte tamén do 1º equipo das escolas e xa estivo en anteriores etapas como adestrador das escolas.
Co equipo cadete de fútbol que seguirá patrocinando Excavaciones Ramsei estarán Michael Sante e Jose Hdez. Ambos xa estiveron os anos anteriores con este grupo de edade polo que conocen o plantel á perfección. Ademáis traballarán co infantil de fútbol sala, que seguirá coa denominación de Ford Talleres Cardi un novo curso.
Moita sorte a todos e a traballar!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe