31 de mar. de 2016

Novas 14 citas deportivas. O Augacons Lourenzá - O Páramo, de ALTA TENSIÓN!!!

XOVES, 31 MARZO.
19,00/T. MARIÑA/ENSINO
BASKET JUNIOR
MUN. VIÑAS DA VEIGA.
SÁBADO, 2 ABRIL.
11,00/ VIVEIRO/LOUR MOND FC
FÚTBOL 8 BENXAMÍN
MUN. VIVEIRO
16,00/POPULAR AS POLEAS
SECCIÓN ATLETISMO
TAPIA(ASTURIAS)
16,30/T. MARIÑA/T. CHÁ
BASKET INFANTIL
VIÑAS DA VEIGA. MONDOÑEDO
18,00/ MAD. BARCIA/P. COVAS
FÚTBOL SALA ALEVÍN
MUN. LOURENZÁ
18,30/ U. LEÓN/MORANGRUPO
BASKET NACIONAL
LEÓN
20,00/B. CORUÑA/T. MARIÑA
BASKET JUNIOR
RIAZOR. A CORUÑA
DOMINGO, 3 ABRIL.
11,00/DUATLON ESCOLAR
SECCIÓN ATLETISMO
MONDOÑEDO
11,00/MAD. BARCIA/SANT. FOZ
F. SALA PITUFOS
MUN. LOURENZÁ
12,00/MAD. BARCIA/SANT. FOZ
F. SALA PREBENXAMÍN
MUN. LOURENZÁ
12,00/VILLALBÉS/LOUR MOND.
FÚTBOL 8 ALEVÍN
MUN. VILALBA
12,00/RAMSEI/CD FOZ
FÚTBOL CADETE
ANFIELD CRUZ
17,30/AUGACONS L/O PÁRAMO
FÚTBOL 1ª AUTONÓMICA.
ANFIELD CRUZ.
19,00/MARISTAS C./M. HUERTAS
BASKET AUTONÓMICA
COL. MARISTAS. CORUÑA

29 de mar. de 2016

F. Sala Cadete. O Maderas Barcia gana en Burela(0-4) e arranca a Liga Primavera como líder.


F. Sala Bx e Alevín. Partidazo do benxamín (3-5) e derrota (5-0) do alevín dos equipos do MADERAS BARCIA no día de onte en Xove.


TRIUNFOS DE HENAR E XABI, PRATAS PARA IRIA, AINARA E IAN NA II CARREIRA POPULAR FESTA DA AUGARDENTE DE PORTOMARIN

O domingo pasado día 27 de marzo as balas non podían faltar a unha nova cita de populares, neste caso en Portomarín.
En Prebenxamín victorias para Xabi Sordo en masculino e para Henar Méndez en feminino.
En Benxamín/Alevín pratas para Iria Rguez en feminino e Ian Méndez en masculino.
En Infantil/Cadete/Xuvenil prata para Ainara Rguez. só superada pola recente Campiona de España en 3000 do Lucus Sara López. Ademáis 4º posto para Carme Alonso, 8º para Marta Alonso e 5º para Cristian Piñeiro.


CARME ALONSO VENCE NA XII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2016

O pasado venres desprazábanse varias balas das Escolas á carreira popular con motivo da feira do viño de Quiroga. Vencía na Categoría Infantil Feminino CARME ALONSO. Ademáis participaron Xabi Sordo, Marcos Graña, Cecilia Gómez, Claudia Graña e Marta Alonso.


Carme Alonso, no centro da imaxe

21 de mar. de 2016

Basket: Bronce para o Terras da Mariña Lourenzá na Copa Deputación.

O equipo de basket infantil feminino ven de rematar o pasado sábado en Ribadeo medalla de bronce da Copa Deputación Provincial de Lugo.
Na fase regular de grupos, o equipo dirixido por Mariano de La Torre vencía no primeiro encontro ó Celtas M. Otero por 32/22 e caía na segundo diante de Sarria 39 a 33.
Xa pola tarde gañaba o 3º/4º posto para adxudicarse o bronce diante de Estudiantes de Lugo por un resultado de 36 a 21. Noraboa!!!

Henar Méndez e Ana Vallines ganan a XXVI CARREIRA DE SAN XOSÉ en As Pontes mentres Ian acada o bronce.

Os atletas das escolas do Maderas Barcia seguen colleitando grandes resultados aló onde se desprazan. Onte domingo en As Pontes Henar Méndez e Ana Vallines adxudicábanse o título nas categorías benxamín e infantil, respectivamente.
Henar gañaba en benxamín con un tempo de 2 minutos un percorrido de 600 metros, mentres Ana percorría como campiona na infantil 1,200 en 4 minutos e 32 segundos.
Ademáis Ian Méndez adxudicábase o bronce na categoría alevín masculina con un tempo de 4,46 sobre 1.200 mts e debutaba con un gran 4º posto o cadete Cristian Piñeiro que invertía 7 minutos e 21 segundos en completar un circuito de 1.800 mts.



18 de mar. de 2016

Programación Fin de Semana

SÁBADO, 19 MARZO.
11,00 - PONTENOVA/LOU MOND.
FÚTBOL 8 BENXAMÍN
A MINA. PONTENOVA.
12,00 - VIVEIRO/T. CARDI
FÚTBOL INFANTIL.
MUN. VIVEIRO.
17,00 - MAD.BARCIA - BURELA
F. SALA BENXAMÍN
MUNICIPAL LOURENZÁ
18,00 - MAD. BARCIA - BURELA
F. SALA ALEVÍN
MUNICIPAL LOURENZÁ.
DURANTE TODO O DÍA:
COPA DEPUTACIÓN BASKET
INFANTIL E CADETE
MUNIC. RIBADEO.

DOMINGO, 20 MARZO.
11,00 - CARREIRA S. XOSÉ AS PONTES
SECCIÓN ATLETISMO.
AS PONTES. A CORUÑA.
12,30 - FODEBA - MORANGRUPO
BASKET NACIONAL
GIJÓN. ASTURIAS.
16,00 - LARACHA - M. HUERTAS
BASKET AUTONÓMICA
LARACHA. A CORUÑA
17,00 - ESCAIRÓN - AUGACONS L.
FÚTBOL 1ª AUTONÓMICA
O SAVIÑAO

14 de mar. de 2016

Galego Campo a través. A Estrada 2016. O equipo INFANTIL FEMININO sobreponse ás circunstancias e logra A MEDALLA DE BRONCE POR EQUIPOS!!!

O equipo Infantil Feminino de campo a través proclamouse o pasado sábado MEDALLA DE BRONCE no Cto. Autonómico de Campo a Través disputado na Estrada (Pontevedra). 
O equipo sobrepúxose ás circunstancias e foi quen de subirse ó caixón autonómico. No quencemento a lesión de Carme Alonso privouna de participar sendo unha baixa considerable. Carreirón de Ainara Rguez.(6ª con un tempo de 7:18) que intentou estar en todo o momento no trío de cabeza a pesar de non sentirse cómoda na segunda metade do percorrido; Ana Vallines(18ª con un tempo de 7:39) caía na saída e remontaba posicións ata entrar entre as 20 primeiras, Mariña Alonso caía tamén nas primeiras de cambio e a pesar deso paraba o crono en 7:58- 28ª, e entraban ademáis moi seguidas dando o bronce final Marta Alonso de 38 con 8:10, Ainhoa López 40ª con 8:16 e Uxía Salvatierra 46ª con 8:26. 
Participaron ademáis o velocista Aleix Díaz en Infantil Masculino rematando 30º con un tempo de 10:03 a pesar de non ser a súa especialidade; e no equipo alevín feminino a baixa de última hora de Valeria Álvarez privabanos de participar como equipo pero no apartado individual entraban Diana Lastra (36ª -6:49), Carmen García (52ª con 7:13) e Cecilia Gómez (57ª con 7:29)



F8: Triunfo a domicilio (1/7) do Alevín en Castro e derrota(2/4) do Benxamín como local diante do Burela


Bc Infantil: O equipo segue desfrutando. TERRAS DA MARIÑA 62, ESTUDIANTES LUGO 22.


Ft. Infantil: Os goles de Mario e Diego catapultan ó equipo: Talleres Cardi 2, Foz 0.


7 de mar. de 2016

Fotos Cto. Galego de Pista Cuberta Menores e Cadete. Riazor 2016. Acceder


ANA VALLINES FERNÁNDEZ. MEDALLA DE BRONCE GALEGO PISTA CUBERTA EN 2000 lisos: 7,21,60


IRIA RODRÍGUEZ ARES: CAMPIONA GALEGA PISTA CUBERTA 2016 EN 1000: 3,53,88


FERNANDO VALLINES FERNÁNDEZ: MEDALLA DE BRONCE GALEGO PISTA CUBERTA 2016 EN PESO: 8,84.


ALEIX DÍAZ SALAS: CAMPIÓN GALEGO PISTA CUBERTA 2016 EN 500 M.LISOS: 1,18,36 4º CLASIFICADO FINAL DE 50 LISOS: 7,10.


AINARA RODRÍGUEZ ARES, DOBRE CAMPIONA GALEGA PISTA CUBERTA 2016, RÉCORD GALEGO EN 500 LISOS: 1,22,71 CAMPIONA GALEGA EN 50 LISOS: 7,19.




LIDIA BARREIRA GONZÁLEZ: SUBCAMPIONA GALEGA CADETE PISTA CUBERTA EN TRIPLE SALTO: 10,06.


Victoria dos pitufos(10-4) e derrota do prebenxamín(2-3) na dobra cita diante de Xove.


Bc. Infantil: O Terras da Mariña foi un vendaval para o Viveiro. Terras da Mariña Lourenzá 61, Caferlo Viveiro 30.


F. Sala Maderas Barcia: Triunfo do alevín(3-4 con 2 de Ayoub, Diego e Edu) e derrota benxamín (3-2 con goles de Yago e Huertas) en Foz diante do Pilar.


Fútbol Infantil: O Talleres Cardi volve a vencer a domicilio. S. Ciprián 0, Tallleres Cardi 7.


F.Sala Cadete: Triunfo a domicilio na Pontenova e billete para provincial. Noraboa!!!


4 de mar. de 2016

Fotos Cto. Provincial de Pista Cuberta. Acceder!!!


O Prestixioso Torneo Lourenzá en Xogo terá unha continuidade Bianual !!!

Tal e como se decidiu unha vez rematada a edición do Lourenzá en Xogo 2015, o torneo terá unha continuidade bianual.
Organizar un evento desta índole representa un esforzo económico e humano considerable, polo que dende o comité técnico do torneo, consensuando a decisión coa directiva das escolas optouse por seguir aunando forzas pero cada dous anos; polo que neste ano 2016 xa se está traballando para elaborar un gran cartel para a edición do 2017. O cambio só obedece a causas deportivas (conseguir máis de 20 equipos todas as edicións non resulta doado), humanas(persoal que organiza, colabora, voluntarios...) e, sobre todo, económicas ( reunir un presuposto de preto de 20.000 euros non é sinxelo cos tempos que corren).
Esta decición tomouse para que o evento sexa viable e teña continuidade no futuro polo que, en principio, os anos impares serán anos de Lourenzá en Xogo.
Agradecer a todas as institucións públicas (Concello de Lourenzá, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia) empresas privadas e persoal colaborador, equipos participantes,  adestradores, directivos  e voluntarios que fixestedes e faredes do Lourenzá en Xogo un dos mellores eventos de baloncesto feminino do territorio nacional.
Vémonos na XIV edición:  Lourenzá en Xogo 2017!

                                                                                     A DIRECTIVA

Marta García en plena acción no Lourenzá en Xogo 2015

3 de mar. de 2016

Fin de Semana. Programación Deportiva con 14 citas deportivas!!! Go!!!

VENRES, 4 MARZO.
19,30/Superti - Mad. Barcia.
F. Sala Cadete
Municipal A Pontenova
SÁBADO, 5 MARZO.
11,00/ S. Ciprián - T. Cardi
Fútbol Infantil
Municipal A Veiga
11,15/O Pilar - Mad. Barcia
F. Sala Alevín
Colexio O Pilar
12,15/O Pilar - Mad. Barcia
F. Sala Benxamín
Colexio O Pilar
10,30/Galego de Menores
Sección Atletismo
Riazor. A Coruña
13,00/T. Mariña - Viveiro
Basket Infantil.
Municipal Lourenzá.
16,00/Pan. Rubal - Ribadeo
Basket Cadete
Municipal Lourenzá.
17,30/Mad. Barcia - Xove
F. Sala Prebenxamín
Municipal Lourenzá.
18,15/Mad. Barcia - Xove
F. Sala Pitufos.
Municipal Lourenzá.
DOMINGO, 6 MARZO.
11,30/Galego Cadete P. Cuberta
Sección Atletismo
Riazor. A Coruña.
11,00/Lour. Mond - Villalbés B
Fútbol 8 Benxamín
Anexo Sta. Cruz.
12,00/Lour. Mond - Guitiriz
Fútbol 8 Alevín
Anexo Sta. Cruz.
16,30/S. Ciprián - Augacons
Fútbol 1ª Autonómica.
Municipal A Veiga.
18,00/ Morangrupo - S. Isidro
Basket Nacional
Anexo II Lugo.

As balas das Escolas loitarán no Galego de Menores e Cadete por subir ó pódium dun cto. galego!!! A Disfrutar!!!

O vindeiro sábado día 5 de marzo terá lugar en Riazor o cto. galego de menores de pista cuberta nas categorías benxamín, alevín e infantil e o domingo 6 o galego cadete tamén en Riazor; onde as nosas balas disfrutarán nun evento moi atractivo nas pistas de Riazor. 

Atletas admitidos:
Na categoría infantil representarannos:
Nicolás Álvarez en 1000; Aleix Díaz en 500 e 50 lisos; Ainara Rguez. en 500 e 50 lisos; Ana Vallines en 2000 e altura, Carme Alonso en 2000 e en peso María Vallines e Mencía Martínez-Sierra.

Na categoría alevín Manuel Rguez. en 500, Fernando Vallines en peso, Brais Díaz en 500, Ian Méndez en 1000, Valeria Álvarez en 1000 e Carmen García en altura.

E xa na benxamín teremos unha boa representación tamén con Aarón Millares en 50 e 500, Iria en 1000 e 50, Henar Méndez en lonxitude e 500, Noa Valiña en altura e 1000 e Aroa González en 500 e 50. 

E xa o domingo estará no Galego cadete Lidia Barreira con marca mínima en altura(1,40) e triple(9,30).

Moita sorte a tod@s e a disfrutar!!!

Equipo Infantil Feminino no Galego por equipos este ano en Riazor

ATLETISMO MAD. BARCIA: AS ESCOLAS CONSOLÍDANSE A NIVEL PROVINCIAL CON 16 METAIS NO PROVINCIAL DE MENORES.

Medalleiro:
Aleix Díaz - INFANTIL: 
1º en 60 - 8,33. 1º en 500: 1,23,3 3º en 60 vallas: 11,51
Nicolás Álvarez - INFANTIL:
3º en 1000 - 3,25,4. 3º en lonxitude: 4,02
Fernando Vallines - ALEVÍN:
1º en peso - 8,40
Iria Rguez. - BENXAMÍN:
1ª en 1000: 3,53,1. 2ª en 50: 8,75.
Ainara Rguez.- INFANTIL:
1ª en 60: 8,59. 2ª en 500. 8,75
Carmen García.- ALEVÍN:
2ª en altura: 1,15. A campiona Emma S.Pérez (Franciscanos) récord galego con 1,30
Noa Valiña.- BENXAMÍN:
1ª en altura: 0,90
Ana Vallines.- INFANTIL:
1ª en 2000: 7,35,0
Henar Méndez.- BENXAMÍN:
1ª en lonxitude: 2,85.
Aroa Glez.- BENXAMÍN:
3ª en lonxitude: 2,68
Martía Vallines.- INFANTIL
2ª en peso: 7,40

Ademáis, 4º postos de:
Aarón Millares(Bx) en 50 e 500
Ian en lonxitude(Av)
Nicolás Alvarez(Infantil) en altura
Henar Méndez(bx) en 500
Valeria Álvarez(av) en 1000 e altura
Ana Vallines (inf) en altura

Compoñente do Equipo Benxamín Feminino
Ainara e Aleix, os máis rápidos da provincia en categoría infantil


Bc. Junior: Nova victoria do TERRAS DA MARIÑA que gana inercia coas victorias: TERRAS DA MARIÑA 54 - BETANZOS 40.


Varios atletas das Escolas, premiados coa beca para deportistas individuais da Deputación de Lugo dende 300 ata 500 euros. NORABOA!!!


2 de mar. de 2016

Ft. Cadete:O regreso de Aksay enche de ledicia ó equipo. Ramsei 5, S. Ciprián 4.(Goles de Luís - 3 e Julián - 2)


NEREA BAJATIERRA, BRONCE EN PESO NO CTO. GALEGO DE ATLETISMO DE PISTA CUBERTA XUVENIL

Desprazabanse ó final 3 atletas ó Galego xuvenil o pasado sábado a Riazor coa baixa de última hora de Luís López por lesión.
Nerea Bajatierra lograba adxudicarse a medalla de bronce en Lanzamento de Peso 3 kg cun mellor lanzamento de 10,53; só superada pola campiona Mar Pérez(Celta de Vigo) 11,99 e a segunda clasificada Andrea Glez. (C.A. Santiago) con 10,56. 
Ademáis Carmen López Diniz quedaba 8ª en triple con un mellor salto de 9,09 e Genito Pérez 6º en altura con un salto de 1,55.
Nerea celebrando a medalla de bronce en Riazor

F. Sala Maderas Barcia: Novos triunfos dos equipos de fútbol sala cadete(diante do Burela) alevín(Riotorto) e benxamín(Valadouro).


Victoria 6-0 do Benxamín Maderas Barcia diante do Valadouro
Equipo alevín saudando antes de empezar o encontro
Nova victoria do cadete(10/4) diante do Burela FS B

Ft. Infantil: O Talleres Cardi empata(2-2) diante do Ribadeo cos goles de Diego.


Bc. Autonómica. O MUEBLES HUERTAS, IMPARABLE. MUEBLES HUERTAS 63 - CAMBRE 38


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe