23 de set. de 2015

E.D. Lourenzá e Mondoñedo C.F. firman un convenio de vinculación nas categorías de fútbol base!!!

No día de hoxe Pablo Maseda presidente das E.D. Lourenzá así como Manuel Barreira presidente do Mondoñedo CF firmaron un convenio de colaboración entre ambas entidades beneficioso para as categorías de base de Lourenzá e Mondoñedo. Ademáis da xa anunciada unión nas categorías federadas infantil e cadete que xa están competindo, este acordo supón tamén a unión para os máis pequenos nas categorías de fútbol 8 benxamín e fútbol 8 alevín.  No día de mañá, durante a presentación dos máis pequenos das Escolas  en Lourenzá os alumnos coñecerán a dinámica de traballo para esta temporada así como os adestradores que os formarán. Noraboa, Presis!!! Todo un exemplo!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe