27 de abr. de 2016

LOURENZÁ acolle o CAMPIONATO PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA INFANTIL O VINDEIRO SÁBADO

Lourenzá acolle o vindeiro sábado día 30 de Abril o Cto. Provincial de Fútbol Sala Infantil onde estarán os 4 mellores equipos da provincia do momento; organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte e onde colabora o Concello de Lourenzá.

Os horarios:
11,00 - 1ª Semifinal. MEIRA - Ganador (Lumieira-Friol)
12,00 - 2ª Semifinal. GUITIRIZ - OS FORNOS SUPERTI

15,30 - 3º/4º Posto
16,30 - Gran Final Provincial

Fotos das balas da sección de Atletismo na 1ª e 2ª preparatoria provincial en Lugo.

FOTOS 2ª PREPARATORIA

FOTOS 1ª PREPARATORIA

Ian Mëndez saltando altura na categoría alevín masculino

Emotiva homenaxe ás Atletas do Maderas Barcia Lourenzá Ainara e Iria Rguez. no Concello de Mondoñedo. Acceder Imaxes.

Ainara e Iria Rguez. o pasado sábado no Concello de Mondoñedo

Bc. Infantil: Gran Partido a domicilio do Terras da Mariña. Viveiro 25 Terras da Mariña 64


Os infantís seguen enchufados na Copa. Foz 1, Talleres Cardi 3. (Hermida, Julián, Anouar)


F. Sala Alevín: Nova victoria a domicilio na liga primavera. C. Viveiro 2, Mad. Barcia 4 (Miguel 2, Edu e Ayoub)


14 de abr. de 2016

Un día para que chegue ás nosas mans o ÁLBUM OFICIAL DAS ESCOLAS LOURENZÁ!!!

Mañá venres, ás 20 horas; presentarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a colección de cromos onde saen preto de 260 deportistas das Escolas. O acto estará presidido pola Alcaldesa de Lourenzá Rocío López así como polo Presidente das Escolas Pablo Maseda. Ademáis  estarán presentes os presidentes das entidades vinculadas Atletismo Lourenzá, Mondoñedo Fc,  Salto do Coro, Ensino Lugo e 7 voltas ciclismo así como os patrocinadores da entidade. 
Esta colección coincide como un dos actos estrela do 20 aniversario do clube fundado en 1996, polo que estarán tamén os presidentes das etapas anteriores. Está composta por preto de 350 cromos a toda cor, retrata a xogadores, directiva e corpo técnico de todos os equipos e categorías.
Ter o propio álbum de cromos era un luxo que, ata fai moi pouco, só os clubes de fútbol de Primera División podían permitirse. A partir do venres ás 20 horas Lourenzá terá o seu propio álbum de cromos da temporada 2015-2016. A colección inclúe instantáneas de xogadores, técnicos, equipos e directivos que integran as Escolas, ademáis dun breve repaso á historia da institución nas verbas dos seus presidentes e fundadores.
En tres librerías estará a colección: Josgua en Lourenzá, Papelbytes en Mondoñedo e Folder en Ribadeo.
Todos os Alumn@s que acudan á presentación recibirán un álbum de regalo así como un sobre de cromos. 
NORABOA A TODOS E MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 



13 de abr. de 2016

IRIA RODRÍGUEZ, CAMPIONA GALEGA DE 1000 EN RUTA. AINARA RGUEZ, BRONCE INFANTIL

A nome da atleta benxamín do Maderas Barcia Lourenzá segue dando moito que falar esta temporada, porque ó recente título do galego de 1000 en pista cuberta acaba de sumar o título autonómico este pasado domingo día 10 de abril en Sada no Cto. Galego de 1000 metros en ruta. 
Desprazabanse varios atletas con marca ó galego, nunhas carreiras numerosísimas con máis de 80 corredores por categoría.
Ademáis, outro metal volvía para terras laurentinas de man da que tampouco soe errar nestas citas, a Infantil Ainara Rguez cunha nova medalla de bronce.

Resumo por Categorías:
Benxamín Feminino: 
1ª - Iria Rguez. con un tempo de 3:56. 6ª foi a sua compañeira Henar Méndez con un 4:12.
Alevín Masculino:
12º posto para Ian Méndez con un tempo de 3:48
Cadete Masculino:
17º posto con un 3:24
Infantil Feminino:
3ª - Ainara Rguez. con un tempo de 3,17; no mesmo tempo que a 2º clasificada Degnesh Mato(Millaraio) e con unha entrada en meta moi axustada e ambas a 4 segundos da vencedora Lucía Portela(Tui)
5ª e con outro fenomenal rexistro entraba tamén a laurentina Ana Vallines(3:20). 

Parte do equipo que compitiu no Galego de 1000 en ruta en Sada
Iria e Ainara Rguez., unha vez máis no póidum dun Cto. Galego

Fotos do Terras da Mariña Infantil no Pazo. Acceder.


Xana Rguez. vence na Camovi de Viveiro con tan só 16 anos

A Xuvenil Xana Rguez. do Maderas Barcia debutaba nunha proba de montaña o pasado domingo en Viveiro logrando a victoria na proba dos 10 kilómetros invertindo 1 unha e 13 minutos a un ritmo de 7,12 percorrendo os montes de Viveiro.  Xana destacou ata agora en categorías inferiores como unha gran velocista e vallista, logrando diversos ctos. provinciais nestas categorías. Agora seguirá centrándose neste novo reto, as carreiras de montaña. Moita sorte nesta nova andaina!!!



Bc. Autonómica: O novo triunfo permite ó equipo alzarse coa medalla de Bronce no final regular da Liga Autonómica. M. HUERTAS 64/CALASANCIAS 58


Ft. Cadete. Empate a domicilio en Viveiro nun partido xogado de poder a poder. Viveiro 1, Ramsei 1. (Gol de Aksay).


ESTE VINDEIRO DOMINGO, TODOS CO ATLETI. CHURRASCADA E PARTIDAZO!!! VAMOS!!!

CHURRASCADA DE APOIO AO ATLETI
CAMPO DA SANTA CRUZ, DOMINGO 17 DE ABRIL
PREZO ANTICRISE (A VONTADE)
O vindeiro domingo día 17 o Atleti xoga unha das finais que lle restan ata o final da tempada, con motivo deste encontro realizaremos no Campo de fútbol da Santa Cruz unha churrascada festiva para apoiar ao equipo.
Necesitamos de todos vós para acadar a permanencia un ano máis na PRIMEIRA AUTONÓMICA!!!


Bc. Infantil. NOVO PARTIDAZO DO TERRAS DA MARIÑA NO PAZO CENTRAL DE DEPORTES. ESTUDIANTES LUGO 24/TERRAS DA MARIÑA 51






7 de abr. de 2016

6 de abr. de 2016

FT. CADETE:UN EQUIPO EN RACHA: RAMSEI 2/CD FOZ 1 (Goles de Aksay e Luís)


F. SALA: DOBRE VICTORIA DO FUTURO DAS ESCOLAS DIANTE DO FOZ. MAD. BARCIA 4/SANT. FOZ 2 (F. SALA PITUFOS) E MAD. BARCIA 7/SANT. FOZ 3 (PREBENXAMÍN)

Os Pitufos diante do Santiago de Foz antes de comenzar o encontro
Saúdo dos Prebenxamíns no Municipal de Lourenzá.

Éxitos dos atletas das Escolas no debut nunha proba de Duatlon!!!

A pesar de ser o debut das balas nunha proba escolar de duatlon onte domingo en Mondoñedo, responderon os atletas obtendo 4 pódiums e clasificando a todos os competidores para o Cto. Provincial, dominando as carreiras a pé pero sufrindo na proba en bici. 
Benxamín Feminino: 3 - Carmen García.
Benxamín Masculino: 2 - Ian Méndez.
Alevín Feminino: 4 - Valeira Álvarez.
Alevín Mascuino: 2 - Nicolás Álvarez. 4- Samuel Debasa.
Cadete Masculino: 3 - Cristian Piñeiro.


Roberto Ramallal, entrevista en "La Voz de Galicia". O adestrador dun conxunto albivermello que nas derradeiras cinco xornadas puntuou máis que nos catro meses anteriores!!!


4 de abr. de 2016

Sheila López, Aarón Millares, Iria Rguez., Ian Méndez, Ainara Rguez., Aleix Díaz, Claudia Graña e Cristian Piñeiro GANAN A VI EDICIÓN DAS POLEAS EN TAPIA onde subiron tamén ó pódium Aroa Glez, Andrea Cancio e Diana Lastra. Ademáis, Ana Vallines triunfa tamén na VI Carreira Popular Torre de Hércules en A Coruña

Triunfo total das Balas do Maderas Barcia Lourenzá nas carreiras de menores na VI carreira das Poleas disputada na localidade asturiana de Tapia o pasado sábado 2 de Abril.
CATEGORÍAS:
PREBENXAMÍN FEMININO: 1- Sheila López.
BENXAMÍN MASCULINO: 1- Aarón Millares.
BENXAMÍN FEMININO: 1.- Iria Rguez. 2.- Aroa Glez.
ALEVÍN MASCULINO: 1.- Ian Méndez.
ALEVÍN FEMININO: 3.- Diana Lastra.
INFANTIL MASCULINO: 1.- Aleix Díaz.
INFANTIL FEMININO: 1.- Ainara Rguez.
CADETE MASCULINO: 1.- Cristian Piñeiro.
CADETE FEMININO: 1.- Claudia Graña.
JUNIOR FEMININO: 3.- Andrea Cancio.
Ademáis participaron Marta Alonso, Pablo Irimia, Carme Alonso. Mariña Salvatierra, Uxía Salvatierra, Ainhoa López, Cecilia Gómez, Carmen García, Valeria Álvarez, Brais Díaz, Nicolás Álvarez,  Emma García, Noa Valiña, Xabi Sordo, Henar Méndez e Marcos Graña.
Karina Álvarez (presidenta do Atletismo Lourenzá) recolleu o premio ós clubs con participación máis numerosa. (Escolas Deportivas Lourenzá en menores e Atletismo Lourenzá en adultos)

En Coruña Ana Vallines ganaba a VI Carreira Popular Torre de Hércules en A Coruña tamén o pasado sábado.
Ana Vallines triunfaba na categoría infantil feminino na prestixiosa Popular Torre de Hércules en A Coruña. Vencía nunha proba de 1600 metros con un tempo de 5,53 ( a 3,41 o kilómetro).









BC. JUNIOR: AS JUNIOR DE OURO GANAN TODO O QUE XOGAN: BASQUET CORUÑA 29/TERRAS DA MARIÑA 57


BC. INFANTIL: NOVO PARTIDAZO DO TERRAS DA MARIÑA LOURENZÁ. TERRAS DA MARIÑA 66 /T. CHÁ 15


F8: Valiosos empates do Benxamín (1/1 en Viveiro) e do Alevín(3/3 en Villalba)


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe