31 de xul. de 2012

Turno para o equipo INFANTIL!!!

    Mañá mércores día 1 de Agosto presentarase ás 20,15 horas en Sta. Cruz o equipo de fútbol infantil das E.D. Lourenzá Mondoñedo.
    O equipo estará dirixido un ano máis por Brenan Rivas para acometer por segunda temporada consecutiva a Liga Provincial Infantil.
    Seguen a maioría dos rapaces que formaban o bloque a temporada pasada, salvo aqueles xogadores que pasan á categoría cadete que alternarán as convocatorias do futbol xuvenil co fútbol sala cadete.
    Os xuvenís e cadetes comenzarán os adestramentos o luns 13 de agosto. 
                               Equipo Infantil na temporada 2011 - 2012 en Viveiro

26 de xul. de 2012

Comenza a sudar o equipo de fútbol de 1º Autonómica!!!

Hoxe xoves, a partir das 20,30 horas comenza a pretemporada o equipo de 1ª autonómica de fútbol das E.D. Lourenzá.
Logo da tradicional foto de grupo, comenzarán as primeiras carreiras dos pupilos de J. Manuel co fin de poñerse a punto para o comenzo de Liga de 1ª Autonómica o 2 de setembro. Logo do adestramento, os xogadores e corpo técnico degustarán unha churrascada preparada polos directivos das escolas!!!
Ademáis das incorporacións xa anunciadas de Javi Chinchón, Dani e Roi; súmase tamén o lateral esquerdo Martín (procedente do xuvenil) e volven ó equipo Brenan que alternará as funcións de adestrador do equipo infantil e xogador do primeiro equipo así como  Fran, que regresa ó equipo que o veu medrar despois de dous anos inactivo.
Adiantamos os partidos xa confirmados de pretemporada:
DOMINGO, 5 AGOSTO: LOURENZÁ - TAPIA. STA. CRUZ
MÉRCORES, 8 AGOSTO: LOURENZÁ - CARIDAD. STA. CRUZ
DOMINGO, 12 AGOSTO: LOURENZÁ - VIVEIRO. STA. CRUZ
MÉRCORES, 15 AGOSTO: IBERIA - LOURENZÁ. AS VALGAS
DOMINGO, 26 AGOSTO: LOURENZÁ - IBERIA. STA. CRUZ.

12 de xul. de 2012

9 de xul. de 2012

Dani e Roi comprométense co equipo de 1ª Autonómica!!!

    Dani e Roi comprometéronse este pasado fin de semana co equipo de primeira autonómica. Ambos proceden do equipo xuvenil e levan dende os 6 anos formándose en todas as categorías inferiores das Escolas. Ambos xogaron xa minutos da temporada pasada en primeira, e foron peza indiscutible nos xuvenís.
    Daniel Neira Yanes (Dani) é un xogador que se caracteriza pola súa habilidade e velocidade, polo que podrá alternar a posición de extremo ou incluso nalgún momento de dianteiro.
    Roi Rguez. Cabaleiro (Roi) aporta un gran poderío físico e pode ocupar praza de medio centro defensivo ou incluso de central.
    Ambos chegan con gran ilusión a esta nova etapa e con moitas ganas de triunfar no entidade que os veu crecer e progresar.
    Ademáis de Roi de Dani, estamos tamén á espera da confirmación doutro xuvenil, Martín; que pode tamén incrementar a lista da primeira plantilla nos vindeiros días.
Falcón, Dani e Roi; durante unha convocatoria esta pasada temporada co 1º equipo

4 de xul. de 2012

Javi Chinchón, primeira incorporación da temporada 2012-2013.

Javier Méndez García, "Javi Chinchón"; acaba de firmar no día de onte o seu compromiso co equipo de fútbol de 1ª autonómica. Ocupa a demarcación de central e xogou no Foz de Preferente as últimas campañas, aínda que nesta última acabou no Cervo co que acadou o ascenso a Primeira.

Ademáis de comprometerse como xogador, Javi estará xunto con David "Garrafín" levando a batuta do equipo de fútbol xuvenil, e comenzarán a dirixir a mediados do mes de agosto.

Este fichaxe supón un reforzo importante da retagarda laurentina para a participación do equipo por 5ª temporada consecutiva en Primeira. Ademáis, Luchi e Emérito, os dous últimos recén chegados a finais da temporada pasada deron o o.k. para continuar un ano máis baixo as ordes de J.Manuel.

Javi estará xunto co resto de compañeiros a partir do xoves 26 de xullo na presentación oficial do equipo en Sta. Cruz.
                          Javi Chinchón con J.Manuel onte no día da súa presentación

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe