31 de xul. de 2014

MARTÍN ENTRE A ÉLITE DO "TRAIL-RUNNING"

O noso atleta Martín Pardiñas estará este sabado, 2 de agosto, na saída da carreira de montaña DESAFIOSOMIEDO, proba a cal aporta puntos de cualificación para "Ultra-Trail du Mont-Blanc" e conta cun percorrido de 46km e 5.000m de desnivel acumulado, coroando picos de máis de 2.000m de altitude. Esta proba contara tamen con corredores de primeirisimo nivel como Luis Alberto Hernando do equipo oficial Adidas e actual campeón do mundo de Skyrunning en 80km en Chamonix. Toda a sorte para Martín o cal poñera a proba a sua capacidade nesta apasionante proba.

28 de xul. de 2014

"KEDADA" DE ARNAO DA SECCIÓN DE ATLETISMO DE ADULTOS.

O pasado domingo a sección de adultos de atletismo organizou unha "kedada" na praia de Arnao en Castropol. Unha xornada de deporte e lecer na que se adestrou e se disfrutou da bonita paraxe na que se levou a cabo esta actividade. A sección seguirá a traballar para que siga habendo estas xornadas.

25 de xul. de 2014

Atleti: Un equipo de Primeira. PRESENTACIÓN 2014/2015

Reto: O Retorno a Primeira!!!
No día de onte presentouse o Atleti 2014/2015 en sociedade. Coa aposta como primeiro técnico do equipo de Roberto Ramallal, coa continuidade de toda a plantilla da temporada pasada excepto as baixas de Dani e Isaac, coas incorporacións de Chinco, Manu, Rudvan, Carro e Jorge (todos formados nas categorías inferiores das E.D. Lourenzá); ademáis dos que proceden de xuvenís Pichi, Diego López e Manu, fan do primeiro equipo das Escolas unha plantilla moi competitiva que seguro fará disfrutar ós socios e aficionados en Sta. Cruz nesta temporada. A plantilla estuvo acompañada onte polo Presidente das Escolas, Pablo Maseda Fernández; así como do secretario técnico do clube Oscar González, o delegado do primeiro equipo José Rodríguez así como dos directivos Moisés Chao, Eduardo Iglesias, Juan López e Nicomedes Otero.
Logo das primeiras carreiras polo céspede de Sta. Cruz, degustaron entre todos dunha churrascada!!!
VER AS FOTOS DA PRESENTACIÓN!!!
FOTO PRESENTACIÓN ATLETI TEMPORADA 2014 2015

Las Escolas de Lourenzá lograron diez medallas en Castroverde. La Voz de Galicia

23 de xul. de 2014

Mañá comenza no Atleti a nova era "Ramallal". 20,15. Sta. Cruz!!!

Mañá xoves preséntase o novo Atleti para a vindeira temporada. Será ás 20,15 horas en Sta. Cruz. Con Roberto Ramallal como principal novedade na parcela técnica e coa volta do fillo pródigo Chinco ó clube dos seus orixen entre outras novedades, a plantilla  terá xa o seu primeiro adestramento nun espectacular coidado terreo de xogo.
Marcos celebrando un gol a temporada pasada con Recalde, Lucas e Garra

Resultados Popular de Castroverde: 6 títulos contemplan unha nova gran actuación!!!

14 de xul. de 2014

QUEDADAS DA SECCIÓN DE ATLETISMO.

O pasado xoves a sección de atletismo organizou unha quedada no concello de Foz, cun percorrido precioso e rematando cunha cea entre amigos no Barrilete para repoñer forzas.

Debido as boas sensación, este vernes os integrantes da sección xa estan a traballar para organizar outra quedada en Foz para correr unhos 10km e rematalo con unha merenda o carón do mar. ¿Quen se anima?

7 de xul. de 2014

Alta Equipo Cadete Temporada 2014/2015!!!!

Para a vindeira temporada as E.D. Lourenzá Mondoñedo competirán con un novo equipo de fútbol. Será en categoría Cadete. Os adestramentos están previstos que comencen a primeiros do mes de Agosto. Por tanto, se estás interesado en participar neste novo equipo, non dubides en poñerte en contacto con nós no correo escolaslourenza@gmail.com




6 de xul. de 2014

Os mellores embaixadores das Escolas. Alevín 2013/2014 CAMPIÓN (outro título máis) do TORNEO INTERNACIONAL DE LUARCA 2014

Non hai catro sen cinco . O Equipo Alevín adestrado por Michael non se cansa de facer historia e volve a conseguir un novo título que acumula ó ser o Campión Provincial de Fútbol Sala, Campión de Liga de A Mariña, Campión de Copa da Mariña e Campión do Torneo de Fútbol 8 Santiago de Foz.
Nunha final xogada ás 16:00 horas e diante do Racing La Paloma de Madrid, os goles de Manu Río e Andrés (Final 2-1) fixeron posible un novo título para as Escolas Deportivas. Felicitar a xogadores, adestrador, delegada, ós familiares deste grupo de gladiadores que non deixan nunca de animar e, en definitiva a toda a familia das Escolas por este novo título de prestixio. GRANDES!!!

O Alevín e Infantil, na Final do prestixioso Torneo Internacional de Luarca 2014!!!

Os alevíns e infantís están na FINAL. Os primeiros venen de ganar 9-1 mentres que os infantís gañaron tamén a súa semifinal con solvencia 14-0.
Finais:
16,00 horas: ALEVÍN
17,00 horas. INFANTIL

Os alevíns e infantís xa están en Semifinais. Luarca 2014!!!

DOMINGO 6 DE XULLO.
10:50 para o Alevín e 11:40 para o Infantil. Neses momentos xóganse o pase á final do torneo internacional os equipos das Escolas. Na xornada de onte, os alevíns vencían en cuartos ó Camargo de Santander por 2 goles a 1 (Goles: Andrés e Andrés). Hoxe nas semifinais mídense ó Sporting de Portugal.
Pola súa banda o Infantil busca o billete para a gran final ás 11:40 despois de ganar con autoridade (9-1) ó Freixo no día de onte. Moita sorte, Vamos!!!

5 de xul. de 2014

Os alevíns e infantís clasificados para Cuartos. Luarca 2014

Os alevíns e infantís xa están en cuartos de final no prestixioso Internacional de Luarca. Os alevíns xogan ás 20 horas contra o Camargo de Santander e o Infantil contra Freixo ás 21:40 horas. Ambos son no Pavillón Pedro LLera Losada. Vamos!!!

A Sección de Fútbol Sala disfruta en Luarca 2014!!!

Os equipos das Escolas Deportivas Benxamín, Alevín, Infantil (A e B) e Cadete desprazáronse no día de onte para disputar en terras asturianas o Torneo Internacional de Fútbol Sala Villa de Luarca.
De momento, despois dos resultados de onte, os infantís  e os alevíns  son os que teñen máis posibilidades de conseguir o billete a cuartos de final. Vamos!!!

EQUIPO ALEVÍN CAMPIÓN PROVINCIAL TEMPORADA 2013/2014

1 de xul. de 2014

Folgueira brilla na Media Maratón Palas - Melide de 21 kilómetros!!!

Mentres o groso da sección de atletismo participaba o pasado sábado na carreira de Medal,Manuel Folgueira presentabase na media maratón de Palas-Melide (21 kilómetros) realizando unha carreira espectacular acadando a posición 23 da xeral de 700 participantes e sendo o 9º da súa categoría. Grande!!!

137 MANUEL FOLGUEIRA DÍAZ
DISTANCIA 21097 M
RITMO 0:04:09
KM 11 0:42:19
PUESTO SEXO M- 23
PUESTO CATEGORIA PSM- 9 (DE 127)

Repóker de títulos da sección de atletismo na popular de Medal. Acceder

Parte dos participantes na carreira de adultos en Medal 2014!!!

Roberto Ramallal asume o mando do primeiro equipo!!!

Roberto Ramallal estará a vindeira temporada ó fronte do 1º equipo de fútbol das Escolas Deportivas Lourenzá. O que fóra esta temporada técnico do Castro en Preferente comprometeuse esta vindeira temporada coa directiva e secretaría técnica do clube para intentar guiar a nave roxiblanca de novo a 1ª autonómica. 
Roberto Ramallal coincide que ten experiencia en segunda autonómica pois fai dous anos dirixiu ó Iberia nesta categoría alcanzando o ascenso ó final da mesma temporada. 
Ademáis o técnico mirará hacia a base para seguir coa filosofía do clube, que non é outra que mimar as categorías infantil, cadete e xuvenil para que logo podan dar o paso ó fronte do primeiro equipo. 
En canto ó capítulo de xogadores, en principio cóntase coa renovación de case todos os membros da plantilla e non se descartan altas, e de momento confírmanse as baixas do porteiro Dani Pérez e do central Isaac Fdez que ficha polo Viveiro. Incorporaranse ó primeiro equipo os xuvenís Pichi, Diego López e Adrián Reimonde

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe