23 de xuño de 2020

Tres centrocampistas, os primeiros en renovar polo Atleti: Noé, Garra e Paulo firman as primeiras altas!!!

Os nosos protagonistas, en directo:

Noé Recalde: "Despois de toda a vida xogando con 32 anos valoras moito máis poder seguir xogando ó fútbol. É como cando estás de vacacións e os últimos días tratas de disfrulos a tope porque sabes que xa queda menos...pois é o que sinto cada ano que pasa"

Paulo González: "Un orgullo poder seguir xogando con esta familia"

David Cabaleiro "Garra": "O fútbol danos a oportunidade de volver a competir en primeira autonómica e non podemos desaproveitala. A tempada anterior ten que servirnos de aprendizaxe para acadar os obxectivos na seguinte"




10 de xuño de 2020

Xogando coas palabras de Armstrong dende o Apollo 11: " Un pequeno paso para o noso deporte, un gran salto para a normalidade". Estamos de regreso, pouco a pouco e con responsabilidade!!!

20 horas dun 10 de xuño de 2020... Estamos de regreso. Dentro dun clima de emoción e reencontros reanudaron as balas os entrenos con normalidade!!!
Tendo en conta un estricto protocolo e seguindo en todo momento as instruccións do Ministerio de Sanidade, reiniciamos no día de onte os entrenos da sección de atletismo, nun grupo reducido de 20 atletas. 
Estiveron para darnos os primeiros ánimos con nós a nosa Alcaldesa Dª. Rocío López, a nosa Concelleira de Deportes Dª. Sonia Gavino e  noso Vicepresidente do clube D. Miguel Gavín.
Agora esperemos que pouco a pouco tanto o resto de atletas do clube como o resto de seccións deportivas podan reincoporarse ós entrenos tendo en conta as ordes do ministerio e o plan competicional que nos agarda
Vamos!!! Seguimos!!!
#edlourenzá #lourenzásomosdeporte #lourenzáédeprimeira #concellolourenzá  #maderasbarcialourenzá  #asbalasnonparan 



Roberto Ramallal regresa á Sta. Cruz. Elexido para a consolidación en Primeira. Moita Sorte!!!

O pasado sábado comprometíase Roberto co noso presidente para firmar como adestrador do 1º equipo das nosas Escolas. Logo de 4 anos regresa a unha casa que coñece ben coa misión de consolidar ó equipo entre os mellores da categoría apostando pola filosofía do clube, dar continuidade ó traballo de canteira e a proxección dos nosos xóvenes valores.
O adestrador coñece perfectamente a categoría pois ben de dirixir na mesma categoría esta tempada pasada ó Riotorto e é un experto dentro do fútbol provincial.
Agora a prioridade do míster e da secretaría técnica dirixida polo noso secretario Óscar Glez. céntrase na renovación da maioría do plantel desta pasada tempada, as cales están bastante avanzadas coa maioría dos xogadores e das que vos informaremos en breve.
Desexámoslle ó novo míster dende a directiva que teña moitísima sorte nesta nova andaina que aquí comeza!!!
Vamos, Atleti!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe