29 de out. de 2017

Tres atletas valentes desafiaron os 7 kilómetros dunha das mellores probas de Galicia (Pedestre de Santiago) polo seu 40 aniversario. Ainara Rguez (7ª cadete), Ana Vallines (10ª cadete) e Carmen García(11ª alevín).




Basket Cadete: Comenzo de liga pletórico do Terras da Mariña Lourenzá no Municipal. Terras da Mariña Lourenzá 57, Estudiantes Lugo 47.


Fútbol 8: Victoria do Panadería Neli benxamín en Viveiro 2/4 (Pablo Jorge, Izan, Alvaro) e empate do Muebles Huertas Alevín 3/3 (David,Lucas e Oscar)


A Afección do Atleti sorríe por cuarta xornada consecutiva cun novo partidazo. Ourol 0, Augacons Lourenzá 5. (Montxo 27´ Manu Rguez. 68´ Diego López 75´ Diego López 77´ Montxo 80´)


Os xuvenís ceden en Ribadeo a primeira derrota da temporada. Ribadeo 5, Rei das Tartas 2 (Paulo e Paulo). Os infantís tamén ceden no Pepa Barrrera!!! Toca seguir!!! Go!!!


26 de out. de 2017

Carme Alonso vence na Popular de Xermade. Marta, bronce tamén en infantil feminino. Ademáis, Adriana Rebolo, subcampiona de O Corgo!!!

De novo os atletas do Maderas Barcia Lourenzá estiveron omnipresentes nas dúas populares que se disputaban na provincia de Lugo: o sábado en Xermade e o domingo en O Corgo.
Xermade:
Título para Carme Alonso en infantil feminino con un tempo de 3,24; mentres que súa irmá Marta tamén entraba no pódium como 3ª clasificada.
En alevín Noa Valiña era 4ª e a súa compañeira Loudes García 6ª.
En Benxamín Henar Méndez con problemas físicos lograba unha meritoria 4ª praza, e Ana Vallines en cadete entraba tamén en 4ª posición nunha proba moi disputada.
Javier Ferreiro e Roi De La Plaza entraban nas primeiras posicións en probenxamín nunha proba non competitiva.
O Corgo:
En benxamín feminino éxito unha vez máis para Adriana Rebolo que remataba a proba en 1,05. Estivo ademáis Anxo Edrosa que se facía coa 5ª praza en cadete con un tempo de 17:15.
Noraboa!!! Seguimos!!!

17 de out. de 2017

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá toman o Monte Comado. Títulos para Noa Valiña, Manu Rguez. e Ana Vallines. Ademáis, pódiums de Henar Méndez, Ian Méndez e Lourdes García

As balas das Escolas tomaron o monte Comado conseguindo o título en 3 das 4 probas das que consistía o trail infantil competitivo.
Ademáis participamos na prebenxamín (non competitiva) con un montón de balas: Roi, Samuel, Javi, Pedro e Sara.
Alevín Masculino: 3 - Ian Méndez.
Alevín Feminino: 1 - Noa Valiña, 2- Henar Méndez. 3 - Lourdes García.
Infantil Masculino: 1- Manu Rguez.
Infantil Feminino: 1- Ana Vallines
Na proba absoluta participamos coa gran Xana Rodríguez, rematando a pesar de pasar por problemas físicos nunha meritoria 5ª praza feminina.
Ademáis nas probas competitivas rendiron a gran nivel preto do pódium Anxo Edrosa, Samu Debasa, Xabi Sordo e Carlos Docampo.
Noraboa a tod@s!!! Seguimos!!!

16 de out. de 2017

Camiseta técnica de agasallo para todos os alumn@s das Escolas do Concello de Lourenzá!!! Non te quedes sin a túa!! Somos EscolasLourenzá, SomosDeporte!!!

Esta temporada todos os equipos das Escolas lucirán a mesma camiseta técnica que será de agasallo para todos os inscritos nesta temporada 2017/2018, e será a prenda a vestir nos quencementos dos nosos equipos e deportistas!!!
Ademáis, teredela a disposición dos socios e público en xeral no Bar do campo de fútbol a partir deste domingo día 22 de outubro a un precio moi asequible!!!

10 de out. de 2017

As Balas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutaron dunha nova Popular, A Caridá!!! Pódium para Xabi Sordo, Henar Méndez, Iria Rguez e Anxo Edrosa!!!

O pasado domingo desprazábamonos á Caridad, onde disfrutamos dunha nova popular, moi ben organizada e con suculentos premios en trofeos!!!
Na proba prebenxamín, non competitiva participaron Pedro, Javi, Damián e Roi.
Pódiums:
Benxamín Feminino: Henar Méndez (3ª)
Benxamín Masculino Xabi Sordo (3º)
Alevín Feminino: Iria Rguez. (3ª)
Cadete Masculino: Anxo Edrosa (2º)
Ademáis estiveron tamén Carmen e Emma García, Uma Córdoba, Zaida Rguez., Samuel Debasa e Pablo Irimia.
Ademáis, o noso míster Siro Maseda estivo como invitado de honra na entrega de premiación!!!
Noraboa a tod@s por levar as nosas cores por toda a xeografía!!!

Carmen López Diniz, Campiona Galega de carreiras de montaña 2017!!! Grande!!!

Carmen López Diniz, atleta do Maderas Barcia Lourenzá puxo colofón a unha gran temporada deportiva impoñéndose na última proba da Copa Galega Junior de Montaña.
A cita tivo lugar o pasado domingo en Ponteareas, no Trail Arcos 2017 cun percorrido de 16 kilómetros e un desnivel acumulado de 1050 metros.
Carmen invirtiu na proba un total de 2 horas e 58 minutos  chegando ó cumio en 13ª posición feminina e 1ª clasificada junior.
Proclamábase así con esta última proba Campiona Galega Junior e pecha así unha temporada brillante!!!
Agora retomará os seus estudios de medicina en Valencia que comenzou este curso e intentará seguir practicando atletismo unha temporada máis e sobre todo de montaña, posto que a federación faralle un seguimento especial ó igual que ós cadetes das Escolas Xana Rguez. e Cristian Piñeiro!!!
Noraboa, Campiona!!!

7 de out. de 2017

Xuvenil: partidazo de poder a poder entre dous candidatos: O Rei das Tartas 2 (Paulo e Javi), Burela 2. Ademáis, O Talleres Cardi Infantil cae (0-4) tamén diante de Burela.!!!


Presentada oficialmente a sección de patinaxe das escolas do Concello de Lourenzá!!! Go!!! Seguimos medrando!!!

A sección de patinaxe segue medrando ano a ano. Hoxe tivo lugar a súa presentación e o seu primeiro adestramento.
O acto estivo presidido pola nosa Alcaldesa Dª. Rocío López que asumíu fai unhos días tamén a concellería de deportes así como por D. Pablo Maseda o noso presi das Escolas.
O grupo comenzou a traballar xa dende hoxe con un grupo de iniciación así como un grupo de avanzado que serán as que nos representen nos distintos campionatos ó longo da temporada.
Moita sorte a tod@s nesta nova andaina!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe