Chandrexa de Queixa Trail 2017. Proba puntuable para a Copa Galega Cadete de Montaña!!
Nova exhibición dos nosos pupilos do Maderas Barcia Lourenzá.
Con 7 km con 450 positivos 450 negativos de desnivel, Xana Rguez. lograba entrar de 2ª da clasificación xeral e Campiona Cadete, polo que sigue liderando a Copa Galega Cadete de montaña.
Cristian entrou 3º da xeral pero 2º cadete, polo que se mantén como 2º clasificado na clasificación xeral de Copa Galega. Pola súa parte Pablo Irimia entraba 5º clasificado e mantense na xeral como 4º clasificado.
Noraboa, Máquinas!!!