Por motivos laborais Edu non seguirá ó fronte do Atleti unha temporada máis. Agradecer o seu traballo este curso e do seu axudante Bebo no que o equipo foi de menos a máis rematando como 3º clasificado e disputando as semifinais de copa provincial nos últimos meses.
Toma o relevo un home da casa, Diego Rego.
Diego realizou esta campaña unha gran temporada ó fronte do equipo xuvenil. Seguirá co equipo xuvenil unha temporada máis e dirixirá tamén ó primeiro equipo da Sta. Cruz.
Agora a prioridade será a de renovar á totalidade da plantilla para intentar un ano máis o salto de categoría. Ademáis estudianse un par de reforzos para apuntalar o equipo.
Moita sorte, Diego nesta nova andaina!!! Vamos!!!