No día de onte impoñíase Ainara nos 1000 lisos no III Memorial Ana Domínguez con un tempo de 3,05,85; seguida por Noelia Sánchez(Friol) con 3,06,31 e Ainhoa Rguez(Beade) con 3,09,19.
Ademáis, o martes vencía Ainara tamén nos 1000 lisos en Lugo nas II Xornadas da Copa Deputación de Lugo con 3,10,74.
O vindeiro fin de semana competirá de novo nun control de marcas en Asturias. E xa a vindeira semana desprazarase a Murcia (1 de xullo) para participar no Campionato de España cadete, na proba de 600 ou de 1000 lisos.