27 de xuño de 2017

Aleix Díaz e Ainara Rguez. estiveron nun novo control en Xixón!!!

Derradeira cita da temporada oficial en pista para Aleix a penúltima para Ainara o pasado fin de semana nas pistas das Mestas en Xixón.
Aleix participou nas duas distancias que máis practicou este ano, nun control en que competían conxuntamente as categorías Cadete a Senior.

En primeiro lugar foi o turno dos 100 m lisos, onde Aleix acadou a 3ª posición da sua serie, cun tempo de 12.74 seg, marca moi similar ó seu mellor rexistro.
Hora e media máis tarde era o turno dos 300 m lisos, onde Aleix acadaba a 5ª posición da serie cun tempo de 39.71 seg, rebaixando en 19 centésimas a sua mellor marca e quedando a pouco máis de 1 seg. de acada-la mínima para os campionatos nacionais.
Ainara Rodríguez competía nos 1000 lisos, aínda que por problemas físicos (unha lixeira sobrecarga) tivo que abandonar ós 800 metros cando marchaba nos postos de cabeza da proba. 
Ainara viaxa esta semana ó Campionato de España representando ó Maderas Barcia Lourenzá a Murcia onde competirá o sábado 1 de xullo nos 1000 lisos, aínda que tamén tiña marca en 600. A proba semifinal de 1000 lisos comenzará ás 21:00 horas
Moita sorte Ainara e Noraboa a ambos pola temporada realizada!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe