27 de xan. de 2017

Mencía Mtnez-Sierra, Ainhoa López, Claudia Graña, Ana Vallines, Ainara Rguez. e Aleix Díaz; os embaixadores das Escolas no Galego de pista cuberta mañá en A Coruña.

Mañá sábado terá lugar en Riazor (A Coruña) o cto. galego de pista cuberta para categoría cadete.
As escolas acuden con 6 balas admitidas por marca:
Aleix Díaz competirá nos 50 lisos e 300 lisos. En 300 parte coa 4ª mellor marca e en 50 acude ás semifinais coa 14ª mellor marca da temporada e intentando colarse na final.
Ainara Rguez. que tiña marca en 50,300,600 e 1000 finalmente decantouse polos 50 e os 300. Nos 50 aparece como a 10ª mellor marca e nos 300 lisos como o 3º mellor rexistro.
Ana Vallines participará co 5º mellor tempo nos 3000 lisos, e acudirá tamén ó salto de altura coa 9ª marca da temporada.
Claudia Graña estará representándonos nos 50 valados, proba moi técnica na que parte coa 19ª marca do ano.
Ainhoa López estará presente no Triple Salto e aparece dende a posición 16ª do ránking con ganas de subir postos coa súa actuación.
E por último Mencía Mtnez-Sierra estará na final directa de lanzamento de peso coa 9ª mellor marca da temporada.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe