18 de xan. de 2017

Ainara Rguez, Aleix Díaz, Ainhoa López e Alba Alonso; os mellores embaixadores nos distintos controles de marcas en Bastiagueiro(A Coruña), Lugo e Oviedo!!!

Meritoria actuación dos atletas cadetes das escolas que buscaron as súas mellores marcas pola xeografía galega e asturiana.
Ainara Rguez. competía o pasado venres en A Coruña e melloraba os seus tempos en ambas probas: 3,11,99 en 1000 e 45,31 en 300 lisos.
O sábado Ainhoa e Alba competían en Lugo nos 60 valados, facendo 11,96 Alba (segunda de serie) e a súa compañeira Ainhoa López 11,99 (3ª da mesma serie).
E tamén o sábado a Oviedo achegábanse Aleix e Ainara. Aleix competía nos 600 lisos parando o crono en 1.36.66 (2º clasificado) e Ainara lograba tamén a 2ª posición nos 600 lisos con un tempo de 1,46,00.



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe