21 de xan. de 2017

LOURENZÁ, EPICENTRO DO CROS!!!

Mañá domingo Lourenzá será o centro neuralxico da actividade deportiva de cros.
A partir das 11 comenzará o Cto. Comarcal de Cros. Organizado pola Agrupación Deportiva A Mariña da Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Escolas Deportivas, o Concello de Lourenzá e Protección Civil.  200 participantes en liza dende a categoría benxamín ata cadete, nunha competición individual e por equipos
E a partir das 12,15 polo circuito de Sta. Cruz arrancará o I Cros da Mariña, organizado polos nosos compañeiros do Clube Atletismo Lourenzá.
Moita sorte a Todos!!! A disfrutar!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe