O Augacons Lourenzá debutou con victoria no encontro disputado na Santa Cruz frente ó Alfoz que resolveuse con un gol de Montxo no segundo tempo.
O encontro comezou bastante igualado pero co paso dos minutos o Atleti foise facendo co dominio do balón e comezou a chegar con xogadas ben hilvanadas e bos centros que non atoparon rematador, mentres que o Alfoz limtabase a mandar balóns longos a Dani Río que estaba moi só na punta do ataque visitante.
No tramo final da primeira parte o Atleti dispuxo de boas oportunidades con disparos de Montxo e Garrafin e nunha falta sacada por Montxo que a piques estivo de rematar Javi Chinchón coa cabeza cando xa se cantaba o gol na Santa Cruz e así chegouse ó descanso con 0-0.
O segundo periodo empezou con un Lourenzá mais entonado que chegaba continuamente a area visitante e que dispuxo de oportunidades con tiros de Pichi, Montxo e Chinco, este último en 3 ocasións.
Asi no minuto 70 Pichi iniciou unha xogada combinou con Noé que se internou na area e centrou ó segundo pao onde Montxo apuxou a pelota convertindo o 1-0 a postre definitivo,
Pouco despois Noé dispuxo de unha boa oportunidade nun tiro cruzado que pasou a rentes do pao e xa no minuto 82 o Atleti dispuxo de unha doble oportunidade por medio de Chinco e Pichi pero nos ultimos 5 minutos e no tempo de desconto o Alfoz estirouse e puxo en perigo a victoria local con continuos centros a area que meteron o medo a parroquia laurentina pero por fortuna o marcador non se moveu e o Atleti conseguiu os 3 primeiros puntos da tempada.
Lourenzá - Manu, Diego, Carro, Omar, Chinchón, Jorge, Montxo, Garrafín,Chinco,Chicho e Fran.
Tamén xogaron Pichi,Noé e Martin,
Alfoz - René, Jhonatan, Javi, Pablo, Alvaro, Gil, Pichi, Juanra, Dani Rio, Pille, Ayub.
Tamén xogaron Angel, Jordi e Luismi