Agora o equipo céntrase en completar un plantel onde baixo a batuta un ano máis de Juan Nécega continúan a maior parte das componentes da temporada pasada con 7 renovacións (as vinculadas a liga-2 Sara Cuíña, Rocío Varela e Tamara Montero), Andrea Meilán, Marly Varela, Marta García e a pívot monfortina Elena Sánchez.
Agradecer dende a directiva esta importante axuda que anima a continuar traballando e apostando polo baloncesto feminino, onde as Escolas tenen agora mesmo dous equipos en categoría sénior: o equipo de Nacional e o equipo de 2ª autonómica dirixido por Mariano De La Torre.
Pablo Maseda xuto ó Vicep. da Deputación de Lugo D. Antonio Veiga onte en Lugo |