29 de set. de 2014

A Ainara Rguez. e a Ana Vallines gústanlles os Galegos: PRATA E BRONCE NO GALEGO EN RUTA!!! NORABOA!!!

Ainara Rguez (campiona galega de 1000 metros lisos e subcampiona galega de campo a través)  e Ana Vallines (campiona galega de 2000 metros e campiona galega de campo a través) pechan un curso deportivo 2013/2014 IMPRESIONANTE.
A pesar de acudir este pasado fin de semana sen o rodaxe suficiente por estar de momento en pretemporada, estas dúas atletas demostraron a súa calidade de novo alcanzando o metal o pasado SÁBADO EN MARÍN Ainara(subcampiona galega/medalla de prata) do galego en ruta con un tempo de 3,31(a un segundo da vencedora) mentres Ana alcanzaba a medalla de bronce con un tempo de 3,35.
Ademáis, o resto da expedición de Maderas Barcia Lourenzá Mondoñedo raiou a unha gran altura:
CADETE MASCULINO: AARON RIVAS. 5º CLASIFICADO(3,00)
INFANTIL FEMININO: CLAUDIA GRAÑA: 23ª CLASIFICADA (4,03)
ALEVÍN MASCULINO: ALEXANDRE SANTIAGO: 5º CLASIFICADO (3,29)
BX MASCULINO: IAN MÉNDEZ: 9º CLASIFICADO (4,20)
                               FERNANDO VALLINES: 12º CLASIFICADO(4,32)
BX. FEMININO: DIANA LASTRA: 9ª CLASIFICADA (4,21)
                            CARMEN GARCÍA: 10ª CLASIFICADA (4,21)
Ademáis, a sección de adultos estivo presente en Marín na Milla Popular, onde Marisa Ares e Loli Piñeiro lograron trofeo con unha gran actuación.
SÉNIOR MASCULINO: Marcos Rguez (26 - 5,32) Luís Graña (41 - 5,45) e Juan Méndez (57 - 5,57)
SÉNIOR FEMININO: Marisa Ares (4 - 7,00) e Loli Piñeiro (5 - 7,01)
VER TODAS AS FOTOS DO GALEGO EN RUTA!!!
Ainara Rguez e Ana Vallines no pódium do Galego en Ruta!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe