16 de set. de 2014

ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS 2014 2015

Estimados alumn@s:
Está aberto o prazo de inscripción das Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá e Mondoñedo ata o luns 29 de setembro.

            A cuota é de 6 euros ó mes e podes elixir todos os deportes que desexes.  O abono farase mediante cargo bancario na conta que especifiquedes na ficha de inscripción no mes de outubro e as edades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.

            Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debedes entregala nos Concellos de Lourenzá ou Mondoñedo ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.

            A prentación terá lugar o día 2 de outubro para informar de todos os horarios e actividades confirmadas, ás 19:00 horas nos pavillóns de Lourenzá e Mondoñedo para aqueles que de momento non empezaron.
            Este ano a novedade radica en que poderedes facer a inscripción online, sen desprazamentos. Só tedes que cubrir o formulario que encontraredes en www.edlourenza.blogspot.com.es ou en www.deporteenmondonedo.blogspot.com.es

            Debido ós problemas coa roupa que presta as Escolas e que se devolve ó final da temporada a partir desta edición a roupa de complemento poderase adquirir en Ana Sport (Lourenzá) ou en Mundo Moda Sport (Mondoñedo). A roupa de xogo ou de competición  seguirá sendo aportada polo clube.
            O pack de competición terá un coste de 70 euros (Plumífero, Chándal e Polo) para os alumn@s e soci@s das Escolas Deportivas aínda que a opción do plumífero será opcional posto que temos alumn@s que o tenen novo do ano anterior. A maiores hai a opción de sudadera, chubasqueiro, camisetas adestramento, …..

POLO OFICIAL TEMPORADA 2014 2015

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe