Con motivo do XV aniversario das E.D. Lourenzá, O Concello de Lourenzá tivo a xentileza de adicarlle o calendario anual que se reparte entre todos os veciños de Lourenzá ás Escolas Deportivas.
Dende os meses de xaneiro a xuño aparecen: a primeira clausura das escolas do ano 1995, Equipo de basket que asecendeu a 1ª autonómica no ano 2004, Laura Campos campiona de España no 2005 en Valencia e o equipo de basket alevín feminino que se proclamou campión de liga no ano 1999.
Dende os meses de xullo a decembro están: o equipo de fútbol autonómica campión copa deputación no 2008, e os equipos campións de liga: Infantil (2002), Cadete (1998) e Xuvenil (2001).
Todos aqueles que vos querades facer con un exemplar podedes solicitalo nas oficinas municipais do Concello de 9,00 a 14,00 horas.