18 de xan. de 2011

Con todos vós... O adestrador do rival que nos visita este fin de semana en 1ª autonómica, O Ribadeo C.F. Manuel Castro Núñez "Vilachá".

Moitas gracias, míster, pola túa colaboración e por atendernos con tanta rapidez. Moita sorte a partir do domingo!!!.
Empezando polo pasado, ¿cómo foron os teus comenzos como adestrador de fútbol?
 - Categorias inferiores do Lugo. Logo  Comercial, Portomarín, Monterroso, Corgo, Castro, Foz, Riotorto e agora en Ribadeo.   
 Dos equipos nos que estiveches, ¿cal te marcou de forma especial?
-  Quizás o Castro, polos éxitos conseguidos (ascensos consecutivos), en tan pouco tempo.
 Falando da liga de 1ª autonómica; ¿qué opinas do nivel dos equipos desta liga?
-         Salvo o Chantada, que entendo que está a un nivel un pouco por encima dos demáis equipos, moi parellos e con moita igualdade.
 Se o presidente do Ribadeo che concedera un deseo, ¿Qué lle pedirías?
        - Bufff..Acadar o ascenso de categoría.
 Da plantilla do Lourenzá, ¿qué xogador levarías para o teu equipo?
      - Recalde
 ¿Cómo describirías á plantilla do Ribadeo?
-         Unha plantilla con moita capacidade de traballo, de compañerismo, moi implicada, moi xoven e con gañas de aprender e progresar.
¿ E ó noso veciño Chinco?
-         Chinco, como pesoa un dez e como xogador, pois moi implicado sempre, leva o gol na sangre, e con algun defectillo como temos todos, e que o máis perxudicado sempre e él.
 ¿Qué estilo de xogo intenta levar a cabo o Ribadeo?
- Intentamos sempre levar o control de partido, a ser posible coa posesión do balón, ainda que a veces non estamos o acertados que quixéramos.
 Se tiveras que definir ó Ribadeo C.F. como clube, dirías…
- Un gran Clube, unha gran Institucion, un gran Presidente e que o forman e dirixen grandes persoas, unha familia…
 Se tiveras que definir ás E.D. Lourenzá como clube, dirías…
      - Un dos Clubs da Provincia que máis progresou nos últimos anos, entendo que é pola seriedade e o traballo da xente que o dirixe.
 ¿Cómo ves ó teu próximo rival, ó Lourenzá?
- Un equipo dificilísimo, cunha capacidade de traballo moi grande, e se está no posto que está é por algo.
 Predicións de futuro,
-         Un equipo campeón de Liga en 1ª división: Oxalá Real madrid
-         ¿Quen ascenderá a Preferente? Chantada e oxalá Ribadeo
-         ¿Quen descenderá a Segunda Autonómica? Non me mollo, porque, está difícil.
-         Un resultado para o Lourenzá - Ribadeo:  Calquera que sirva para gañar o Ribadeo.
Citas:
- Un porteiro de 1ª autonómica: Calquera do Ribadeo
- Un defensa de 1ª autonómica: Calquera do Ribadeo
- Un medio de 1ª autonómica: Calquera do Ribadeo
- Un dianteiro de 1ª autonómica: Calquera do Ribadeo
- Unha afición de 1ª autonómica: A do Ribadeo sen dúbida
- A máis complicada”Un árbitro de 1ª autonómica”: Difícil, moi difícil, o nivel mellorou moito, calquera de Lugo ou da Mariña, menos de Monforte.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe