4 de set. de 2015

Confirmado Día "D" e Hora "H" para o debut en Primeira: 18,00 horas. Augacons Lourenzá - Monterroso!!!

PROGRAMACIÓN FIN DE SEMANA:
DOMINGO, 6 SETEMBRO:
16,45 - CARREIRA BENQUERENCIA TERRA E MAR.
SECCIÓN ATLETISMO MADERAS BARCIA LOURENZÁ.
18,00 - AUGACONS LOURENZÁ - MONTERROSO
FÚTBOL 1ª AUTONÓMICA. STA. CRUZ.

Equipo celebrando o retorno a Primeira. Chega este domingo!!!

3 de set. de 2015

A xogadora de Liga Feminina-2 do Durán Maquinaria Ensino Rocío Varela súmase á lista de SOCIOS.

Segue aumentando a masa social das Escolas. No día de hoxe recibimos a alta da xogadora que a partir deste ano militará na 1ª plantilla do Durán Maquinaria Ensino e unha das xogadoras con máis proxección de Galicia,  Rocío Varela Veloso; que a pesar de non poder seguir xogando con nós quere seguir formando parte da nosa familia como socia. Grande!!!
Lembrade que todos podemos colaborar:
Modalidades: Normal (40 euros), Familiar (60), Deportivo (60) e Protector (75) dirixido a empresas colaboradoras. 
Lembrade que para as novas altas da atractiva temporada que se presenta, podedes efectualas a través da páxina web do clube www.edlourenza.blogspot.com cubrindo un simple formulario, no campo de fútbol nos primeiros partidos do equipo de 1ª autonómica así como nos primeiros partidos de basket de nacional no pavillón, ou ben en varios establecementos colaboradores (Morrigan, O Torreón, Baos e Xiraldo).

A Faba Brava, protagonista en El Progreso!!!


Un mes para a Val das Fabas!!! GO!!!

Falta 1 mes para que volva a ver a Luz unha das Carreiras con máis sabor popular de Galicia, formando parte do programa da tradicional Festa da Faba. Será  o 3 de Outubro de 2015. Sábado.  Ás 16:30 arrancará a proba para categorías menores e ás 17:30 fará o propio na Carreira Verdina e na Carreira Galaica: "Dous desafíos nunha carreira"
Ésta é a principal novedade coa que se presenta esta edición, a sexta xa da Popular Val das Fabas 2015.
Todos o atletas participantes na categoría absoluta poderán escoller se participan na Carreira Verdina (7 kms) ou na Carreira Galaica(14 kims.) A verdina consta de 1 volta e a Galaica de 2 voltas ó circuito Val das Fabas.
Ademáis teremos premios con trofeos inéditos, camisetas de regalo, medallas para todos os nenos participantes, e moitas máis sorpresas que iremos presentando nos vindeiros días.
Championchipnorte será un ano máis a crono oficial da carreira.
 Go!!!
INSCRIPCIÓN VAL DAS FABAS 2015

2 de set. de 2015

Augacons Lourenzá - SD Monterroso. Domingo. 18,00 horas. Municipal Anfield Cruz!!!

A falta de confirmación oficial por parte da Federación Galega de Fútbol, decirvos que o encontro máis esperado da temporada, o do regreso do Atleti a Primeira está solicitado para as 18 horas do vindeiro domingo día 6 de setembro.

1 de set. de 2015

A Campaña de Abonos, Vento en Popa!!! E.d. Lourenzá, 100% Deporte!!!

Numerosas altas se suman á lista de renovacións de socios das escolas deportivas que se iniciou esta temporada baixo o lema "E.d. Lourenzá, 100% Deporte". A lista sitúase preto dos 300 socios e esperemos que aumente neste mes de setembro para incrementar a masa social do clube.
Lembrade que todos podemos colaborar:
Modalidades: Normal (40 euros), Familiar (60), Deportivo (60) e Protector (75) dirixido a empresas colaboradoras. 
Lembrade que para as novas altas da atractiva temporada que se presenta, podedes efectualas a través da páxina web do clube www.edlourenza.blogspot.com cubrindo un simple formulario, no campo de fútbol nos primeiros partidos do equipo de 1ª autonómica así como nos primeiros partidos de basket de nacional no pavillón, ou ben en varios establecementos colaboradores (Morrigan, O Torreón, Baos e Xiraldo).
TRAMITAR ALTA SOCIO 2015 2016 
A Alcaldesa Rocío López e a Concelleira Mercedes Dengra, co novo carnet de socio!!!

O Augacons Lourenzá vence ó Iberia(5-3) e logra o XVIII Trofeo Conde Santo

O equipo de Ramallal segue entretendo á parroquia laurentina con goles e bo xogo. O pasado domingo os goles de Chinco(3), Pichi e Noé Recalde subían ó marcador a medida que o equipo laurentino se iba facendo co dominino do xogo diante dun correoso Iberia que nunca se entregou. Numeroso público en Sta. Cruz que disfrutou con este atleti. O vindeiro Domingo 6 de setembro debuta o equipo en competición oficial volvendo a Primeira Autonómica diante do Monterroso!!!
Na entrega do trofeo estivo presente a Alcaldesa Rocío López. Recolleu o mesmo o capitán Iván Recalde.

O equipo infantil gústase no seu estreo con VICTORIA E TROFEO (4-2 ó Vegadeo)

Os goles de Julián, Manu Río e Aarón fixeron posible que o equipo de David Cabaleiro(Garrafín) se anotara o Trofeo Conde Santo para categorías inferiores disputado o pasado sábado en Sta. Cruz diante do Vegadeo. Agora o equipo xa pensa en debutar en competición oficial o 12 de setembro. Noraboa!!!

O Concelleiro de deportes Fco. Rivas entrega o trofeo ó capitán Diego!!!

Oscar Buján gana para o Atletismo Lourenzá o Cros de Navelgas(Tineo). Hugo Villalba, bronce en alevín!!!

Oscar Buján lograba estrear o pasado sábado o palmarés de campión para o Atletismo Lourenzá no prestixioso Cros de Navelgas. Oscar impuxo a súa calidade dende o principio da proba e venceu con unha gran autoridade. Ademáis Hugo Villalba conquistaba unha medalla de bronce na categoría alevín masculino. Participou ademáis na carreira de adultos Genucho Villalba.

Óscar Buján en plena proba como 1º Clasificado
Hugo Villalba recollendo o trofeo como 3º clasificado

Ian, Nico e Carmen vencen na VIII Carreira Popular Monte de Santa Cruz de Ribadeo. Atletismo Lourenzá, SUBCAMPIÓN POR EQUIPOS.

Excelentes resultados colleitados polos nosos representantes unha vez máis nunha nova proba popular, neste caso na do Monte Sta. Cruz en Ribadeo.
Pódium Por Categorías:
Prebenxamín: 2ª - Henar Méndez.
Benxamín: 1º - Ian Méndez.
Alevín: 1º - Nicolás Álvarez.
Infantil: 3ª - Claudia Graña.
Cadete: 2º - Pablo Irimia.
Xuvenil: 1ª - Carmen López.
             3º - Genito Pérez.
Ademáis participaron Xabi Sordo(6ºprebx), Valeria Álvarez(4ª alevfem), Alba Alonso(4ª Inffem).
En canto ó Atletismo Lourenzá, resultaron Subcampións por Equipos na proba absoluta, o que ven a confirmar o excelente momento de forma polo que atravesan os seus compoñentes: Pachiho, Juan Méndez, Luís Graña, J. Manuel Álvarez, Carmen López, Loli Piñeiro, Eugenio Pérez e José López.
FOTOS POPULAR MONTE STA. CRUZ.
Nicolás Álvarez recollendo o premio como campión
Equipo Atletismo Lourenzá, Subcampión por Equipos!!!

Nenos e Maiores disfrutaron da XVIII edición do Día da Bici!!!

O Concello de Lourenzá organizou o pasado venres o XVIII día da BiciColaboraron na mesma as Escolas Deportivas Lourenzá (Ed Lourenzá Ciclismo), Motos Santalla, La Voz De Galicia, Pastelería Cabaleiros, a Comisión de Festas Conde Santo e Protección Civil. 
Participaron 176 ciclistas de diversas edades que disfrutaron do percorrido ata a Cazolga, completando un total de 12 kilómetros.
Ó final do evento sorteouse entre todos os participantes a tradicional bicicleta de montaña, que foi entregada pola Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López. O afortunado nesta edición foi José Antonio Rguez. Romero.
Rocío López, Alcaldesa de Lourenzá entrega a bici a J. Antonio Rguez. 

28 de ago. de 2015

O Pavillón Municipal mudará a súa cara coa instalación do Parquet Flotante. PECHADO DO 10 Ó 25 DE SETEMBRO

Informan dende a Concellería de Deportes do Concello que o Pavillón Municipal de Lourenzá pechará as súas portas do 10 ó 25 de setembro; momento no que se executarán as obras para dotar a instalación do tan demandado parquet flotante. O aillamento acústico, a capacidade antideslizante, a resistencia á abrasión, a absorción do choque e o rebote controlado do balón son algunhas das ventaxas cos que se encontrarán os nosos deportistas que serán os gran beneficiados con esta obra. Noraboa!!!


Muebles Huertas reafirma o patrocinio co equipo de Autonómica das E.d. Lourenzá un ano máis!!!

No día de onte firmouse a renovación do convenio de colaboración entre a empresa MUEBLES HUERTAS e as Escolas para o patrocinio un ano máis ( o segundo consecutivo) do equipo de Autonómica de Basket. Súmase así á lista de Sponsors Oficiais do clube xunto con Morangrupo(Nacional Basket), Augacons(Fútbol 1ª autonómica) e Maderas Barcia (Atletismo e Fútbol Sala).
Muebles Huertas levará o nome do equipo oficial de cara á competición 2015-2016 así como o grabado de roupa nas equipacións de xogo.
Nos vindeiros días conoceranse tamén os sponsors que patrocinen o fútbol infantil e cadete así como o basket cadete e junior así como o baloncesto de categorías inferiores.
Equipo de Autonómica visitando a exposición de Muebles Huertas

La Voz cita hoy a los amantes de la bicicleta en Lourenzá. La Voz.

Foto Edición 2014

27 de ago. de 2015

As E.D. Lourenzá representadas polo Gran Manu Rguez. no Mont Blanc!!!

A sección do Maderas Barcia Lourenzá chegou ós Alpes. O gran Manu Rguez. estivo presente no día de onte en Chamonix Mont Blanc (Alpes) onde participou nunha proba de gran dureza para escolares rematando entre os 15 primeiros de case preto de 400 participantes.
Ademáis, o seu pai, o atleta Xan do Canelo que corre como Independiente, enfrentouse á TDS do Ultra Trail du Mont Blanc; de 119 kilómetros, rematando de 13º da súa categoría (66 da xeral) con un tempo de 20 horas e 25 minutos. QUÉ GRANDES!!!


26 de ago. de 2015

Hoxe no Viñas da Veiga novo amigable do Augacons Lourenzá

Logo dos amigables disputados polo equipo de 1ª autonómica diante de Foz, Mondoñedo e Iberia, hoxe mércores toca disfrutar dun novo encontro devolvendo visita neste caso a Mondoñedo e que será ás 20:30 horas... E o domingo día 30 en plenas festas do Conde Santo o equipo aterriza de novo en Sta. Cruz para xogar o XVIII Trofeo das Festas do Conde Santo diante do Iberia ás 18:30 horas. Vamos, Atleti!!!

24 de ago. de 2015

Ullrich, entre os 10 primeiros do Cto. Galego Contrareloxio!!!

Onte Domingo no Hipódromo de Sandías en Ourense tivo lugar a Contrareloxio Individual do Cto. Galego de Ciclismo, na que estivemos representados por José Antonio González Basanta "Ullrich", que rexistrou un tempo de 19 minutos e trece segundos (a minuto e medio do vencedor) e obtendo o 9º posto da Clasificación Xeral. Grande!!!!
Ullrich a punto de tomar a saída representándonos na CRI do Galego de Ciclismo

AINARA RGUEZ. E ALEIX DÍAZ IMPONEN A SÚA LEI NA FIGUERAS SOLIDARIO.

Onte Domingo desprazábase parte da armada da sección de atletismo ó Cross Figueras Solidario de Castropol, onde Ainara Rguez. e Aleix Díaz se facían co título na categoría infantil. Ademáis, Iria Rguez. lograba o subcampionato na categoría Benxamín Feminino.
Nesta proba de menores participaron ademáis Nicolás Álvarez, Brais Díaz,  Valeria Álvarez, Xabi Sordo e Claudia Graña así como numerosos atletas adultos do Atletismo Lourenzá; que colaboraron así co seu sacrificio e o seu tempo nunha causa solidaria como é a loita contra o cancro.
VER TODAS AS FOTOS DO FIGUERAS SOLIDARIO
Ainara e Aleix xunto despois de rematar a proba como vencedores!!!

Choiva de Trofeos para o Maderas Barcia Lourenzá na I Popular S. Ramón de Vilalba!!!

RESULTADOS CON PÓDIUM:
PREBENXAMÍN FEMININO:
1.- IRIA RGUEZ.
3.- HENAR MÉNDEZ.
BENXAMÍN FEMININO:
2.- DIANA LASTRA
BENXAMÍN MASCULINO:
2.- IAN MÉNDEZ
INFANTIL FEMININO:
1.- AINARA RGUEZ.
2.- CLAUDIA GRAÑA.
Ademáis estivo a sección de adultos representada na proba por Loli Piñeiro, Marcos Rguez, Marisa Ares, Juan Méndez, Pachicho, Karina Álvarez, Miguel Lastra , Francisco Álvarez e Alex Villalba. Destacar que tanto Alex como Marcos remataron entre os 6 primeiros da proba absoluta!!!
VER FOTOS NOCTURNA SAN RAMÓN VILLALBA
Parte da Expedición desprazada a Vilalba o pasado sábado

Campaña de Abonos 2015 2016!!! As Escolas de 20 Aniversario!!! DEPORTE 100%

Nos vindeiros días renovarase o carnet de socio anual das Escolas Deportivas Lourenzá nas súas diferentes modalidades: Normal (40 euros), Familiar (60), Deportivo (60) e Protector (75) dirixido a empresas colaboradoras. A recollida de carnets terá lugar en Sta. Cruz o vindeiro domingo día 30 de agosto no torneo Conde Santo así como no 1º partido de liga de 1ª autonómica. Aqueles que non sexan retirados nas dúas vindeiras semanas serán enviados ó domicilio postal do soci@. 
Para as novas altas da atractiva temporada que se presenta, podedes efectualas a través da páxina web do clube www.edlourenza.blogspot.com cubrindo un simple formulario, no campo de fútbol nos primeiros partidos do equipo de 1ª autonómica así como nos primeiros partidos de basket de nacional no pavillón, ou ben en varios establecementos colaboradores (Morrigan, O Torreón, Baos e Xiraldo).


20 de ago. de 2015

O Augacons Lourenzá hoxe en S. Miguel: 20,15 horas: Iberia - A. Lourenzá.

Logo dos amigables disputados polo equipo de 1ª autonómica diante de Foz e Mondoñedo, hoxe toca disfrutar dun novo encontro que será en S. Miguel ás 20:15 horas diante dun renovado Iberia que competirá este ano en 2ª autonómica.O encontro adiantase un cuarto de hora ó horario programado.



18 de ago. de 2015

ABERTAS INSCRIPCIÓNS VAL DAS FABAS 2015 COA VERDINA(7 KMS.) E A GALAICA(14 KMS.) COMO PROTAGONISTAS. ACCEDER


O Ex-Capitán do Atleti PACHICHO debuta no Atletismo Lourenzá nun Trail na Fonsagrada. Todos os Resultados!!!

Pablo Javier Sordo Rocha, máis coñecido no mundo futbolístico por Pachicho debutou nin máis nin menos que nunha proba de Trail o pasado domingo na Fonsagrada con varios compañeiros do clube.
Pachi, que foi un dos xogadores máis emblemáticos e con máis calidade nas últimas temporadas coas E.D. Lourenzá(aínda que as lesións lle xogaron unha mala pasada); segue sendo un polifacético deportista e, ademáis de incorporarse como directivo das Escolas empeza a dar os seus primeiros pasos no mundo do running.
O pasado domingo conseguiu impresionarnos co seu gran debut:realizou a súa primeira carreira de montaña e con tan só dous días de entreno nun tempazo de 2 horas 10 minutos colocándose no posto 13 da xeral na distancia de 19km. GRANDE!!!
RESULTADOS DO EQUIPO:
19 km: 
PACHI- Posto 12 masculino (2h 10' 34'')
JUAN- Posto 22 (2h 26' 04'')
MARISA- Posto 6 feminino (2h 46' 08'')
LOLI- Posto 11 (3h 02' 49'')
31 Km: MARCOS- Posto 4º da xeral (3h 33' 14'') 

Pachi antes do debut no Trail da Fonsagrada

Un espectacular Álex Villalba na RunFozRun para o Atletismo Lourenzá

CRÓNICA ATLETISMO LOURENZÁ:
Pese a ser unha carreira con un alto nivel deportivo pola participación de atletas moi destacados como OSCAR BUJÁN, MIGUEL GONZÁLEZ MARGARIDE, NOEL GARCÍA, DELIO VAL,.........(entre outros) os nosos compañeiros estiveron ó nivel e acadaron mois bos tempos; algún incluso entrando en meta con pouco tempo de diferencia respecto ós primeiros como fixo o sempre espectacular ALEX VILLALBA.

MÁIS INFORMACIÓN A TRAVÉS DO FACEBOOK ATLETISMO LOURENZÁ

Oscar Buján, fichaxe estrella do Atletismo Lourenzá para esta vindeira temporada 2015-2016

CRÓNICA DO ATLETISMO LOURENZÁ:
La concreción de un gran fichaje para la temporada 2015-2016.
Durante la carrera de hoy en Foz, Oscar Buján (subcampeón mundial de duathlon) se ha comprometido a correr con nuestra camiseta. Todo un éxito para un club, que pese a su juventud y filosofía ha optado por dar un salto de calidad. Es un honor para nosotros compartir un equipo con un corredor de su talla que defiende los colores de la selección española, y profesionalmente compite en la liga francesa de esta especialidad.
Esperemos que este sea el primer paso para una gran relación, y para la realización de un equipo cada vez más competitivo que se convierta en referencia de Galicia y el Occidente Asturiano. Esta incorporación dará la visibilidad que buscaban algunos de nuestros patrocinadores, en las populares que le permitan sus compromisos internacionales.
No sin menos importancia, dar la bienvenida a las nuevas incorporaciones de Maite y Pablo ya conocimos por el club como padres del equipo de miembr@s de las categorías inferiores de donde nació este club.
Oscar Buján detutando co Atletismo Lourenzá cun 2º posto na xeral!!!

O Atletismo Lourenzá pesca 3 Trofeos na Volta A Piantón no debut de Maite Diniz co equipo!!!

CRÓNICA DO ATLETISMO LOURENZÁ EN PIANTÓN(VEGADEO):
Tres trofeos que viñeron para "a casa" grazas a MARISA e LOLI que obtiveron un segundo e terceiro posto en VETERANAS A e a MAITE que conseguiu un segundo posto en VETERANAS B.
Ademais, Marcos rozou o podium dos veteranos tras quedar cuarto da sua categoría e séptimo da xeral.
Maite Diniz debutando con pódium en Piantón

Equipo desprazado a Piantón antes da saída

Novos éxitos das balas do Maderas Barcia Lourenzá na RunFozRun

Resultados por pódiums:
Benxamín Feminino:
1.- Diana Lastra.
2.- Iria Rguez. 
Alevín Masculino:
2.- Hugo Villalba.
Alevín Feminino:
3.- Marta Alonso
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rguez.
Infantil Masculino:
3.- Aleix Díaz.
Cadete Masculino:
2.- Pablo Irimia.
ÁLBUM DE FOTOS DA RUNFOZRUN
Algún dos nen@s das Escolas participantes na Carreira de Foz con Oscar Buján
Pódium benxamín feminino na RunFozRun

Triunfos a Pares do Maderas Barcia Lourenzá na Volta a Piantón(Vegadeo)

Resultados por pódiums:
Prebenxamín Feminino:
1.- Iria Rguez.
2.- Henar Méndez.
Benxamín Feminino:
1.- Diana Lastra.
Benxamín Masculino:
1.- Brais Díaz.
2.- Ian Méndez.
Alevín Masculino:
2.- Nicolás Álvarez.
Alevín Feminino:
2.- Carme Alonso
Infantil Feminino:
1.- Ainara Rguez.
2.- Alba Alonso.
3.- Claudia Graña.
Infantil Masculino:
2.- Aleix Díaz.
Xuvenil Masculino:
1.- Aarón Rivas.
2.- Eugenio Pérez.
Xuvenil Feminino:
3.- Carmen López
VER ÁLBUM DE FOTOS DE PIANTÓN(VEGADEO)
Brais e Ian cos trofeos en Vegadeo
A armada infantil completando o pódium

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe