28 de ago. de 2015

Muebles Huertas reafirma o patrocinio co equipo de Autonómica das E.d. Lourenzá un ano máis!!!

No día de onte firmouse a renovación do convenio de colaboración entre a empresa MUEBLES HUERTAS e as Escolas para o patrocinio un ano máis ( o segundo consecutivo) do equipo de Autonómica de Basket. Súmase así á lista de Sponsors Oficiais do clube xunto con Morangrupo(Nacional Basket), Augacons(Fútbol 1ª autonómica) e Maderas Barcia (Atletismo e Fútbol Sala).
Muebles Huertas levará o nome do equipo oficial de cara á competición 2015-2016 así como o grabado de roupa nas equipacións de xogo.
Nos vindeiros días conoceranse tamén os sponsors que patrocinen o fútbol infantil e cadete así como o basket cadete e junior así como o baloncesto de categorías inferiores.
Equipo de Autonómica visitando a exposición de Muebles Huertas

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe