28 de ago. de 2015

O Pavillón Municipal mudará a súa cara coa instalación do Parquet Flotante. PECHADO DO 10 Ó 25 DE SETEMBRO

Informan dende a Concellería de Deportes do Concello que o Pavillón Municipal de Lourenzá pechará as súas portas do 10 ó 25 de setembro; momento no que se executarán as obras para dotar a instalación do tan demandado parquet flotante. O aillamento acústico, a capacidade antideslizante, a resistencia á abrasión, a absorción do choque e o rebote controlado do balón son algunhas das ventaxas cos que se encontrarán os nosos deportistas que serán os gran beneficiados con esta obra. Noraboa!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe