8 de ago. de 2019

Yago Cruña e Jesús Losada(Chicho) ó frente do xuvenil e Michael Sante e Jose Hdez. co Cadete e infantil. Presentados Oficialmente!!!

Baixo a presencia da nosa Alcaldesa Dª. Rocío López e a nosa concelleira de deportes Dª. Sonia Gavino así como de directivos e do noso presidente D. Pablo Maseda; presentaronse os xogadores do equipo xuvenil, cadete e infantil para esta tempada 2019 2020.
Baixo o xuvenil que seguirá co patrocinio do Rei das Tartas asumen a dirección Yago Cruña e Jesús Losada. Yago incorporouse recentemente ó plantel de 1ª autonómica e conta co título de adestrador, e fará tandem con Jesús Losada que estivo durante varias tempadas formando parte tamén do 1º equipo das escolas e xa estivo en anteriores etapas como adestrador das escolas.
Co equipo cadete de fútbol que seguirá patrocinando Excavaciones Ramsei estarán Michael Sante e Jose Hdez. Ambos xa estiveron os anos anteriores con este grupo de edade polo que conocen o plantel á perfección. Ademáis traballarán co infantil de fútbol sala, que seguirá coa denominación de Ford Talleres Cardi un novo curso.
Moita sorte a todos e a traballar!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe