24 de ago. de 2019

III Desafío en rampa de saída!!! Presentado Oficialmente!!! Go!!!

Tomando Tovar como epicentro, o vindeiro domingo 8 de setembro chegará a III edición do Desafío.

Nun acto no que estiveron presentes a nosa Alcaldesa  Rocío López, a concelleira de Deportes  Sonia Gavino, os presidentes do C.C. Viveiro César Lage, de Atletismo Lourenzá Luís Graña e das Escolas Pablo Maseda, así como tres representantes de E.D Lourenzá Ciclismo: Juan Luís Méndez, José Manuel López e o triatleta Anxo Edrosa ; presentouse a III Edición do Desafío Tovar que inclúe nesta nova edición unha marcha ciclista con cronoescalada final e unha carreira popular para menores e adultos.


As inscricións marchan a bon ritmo (a día de hoxe máis de 70 inscritos) polo que teremos unha boa representación nas dúas modalidades e en todas as categorías, esperando sempre o tirón que terá lugar nos últimos días.
A marcha ciclista partirá dende Tovar ás 9,30 e espérase a súa chegada a Tovar ó redor das 13,00 horas; onde terá lugar a cronoescalada que fará as delicias de tod@s. E para estar entretidos, a partir das 11,00 teremos carreiras populares para menores e xa ás 12,00 partirá dende Tovar hacia A Cadeira a carreira absoluta de 4 kilómetros.

Teremos trofeos para os tres primeir@s clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores ata a categoría benxamín, obsequios para os campións masculino e feminino empadroados en Lourenzá, camiseta técnica conmemorativa a todos os adultos participantes na proba que se inscribiran antes do xoves 29 de agosto ou ata fin de existencias, servicio de avituallamento líquido e sólido ó final do percorrido, cronometraxe control de meta por championchipnorte, , servicio de megafonía, seguimento envivo online, seguro individual de accidentes, ambulancia en evento e vallas e senalización en todo o circuito.

Lembrade que para anotarse ata o martes 3 de setembro!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe