Nun acto presidido pola nosa alcaldesa Dª. Rocío López presentouse a sección de atletismo das nosas escolas. Estiveron tamén o noso presi Pablo Maseda, o directivo Lino García e o patrocinador principal da sección Javier Barcia.
Continúan traballando na sección os 3 adestradores que xa estiveron con nós a pasada tempada:
Juan Luís Méndez estará ó fronte das carreiras e da sección de duatlon, Ismael Vallines na especialidade de lanzamentos e Rubén García na modalidade de saltos e coordinador da sección.
Os adestramentos en equipo serán os luns no ximnasio, e martes en xoves en campo de 19 a 20,30 horas.
Os alumn@s que queiran incorporarse á sección poderán facelo nas vindeiras semanas ata finais de setembro, prazo no que quedará pechado o equipo para esta tempada 2019 2020.
A sección estrease este vindeiro domingo pola parte grande, coa participación de varios atletas no Cto. Galego de 1000 metros e o Provincial de Milla en Guntín.
A expedición estará formada por:
Benxamín: Aroa Ferreiro, Lidia Balseiro. Pedro Moirón.
Alevín: Emma García, Henar Méndez.
Infantil: Iria Rguez, Carmen García.
Cadete: Iria Otero.
Ademáis participarán no provincial de milla federado Marcos Rivas e Ana Vallines.