Pablo Maseda Fdez. continuará catro anos máis ó fronte do clube nunha directiva que incrementa o número de persoas pasando de 15 a 26 componentes e que irá repartindo as tarefas de traballo a partir deste momento en vindeiras xuntanzas. Comenzará a vindeira tempada o 9º ano de mandato consecutivo do noso presidente.
De momento o presidente fixo toma de posesión do novo cargo e traballará co seu grupo na vindeira clausura das Escolas que será o vindeiro sábado 25 de maio.
Como vicepresidente incorpórase Miguel Ángel Gavín Sánchez e seguen Oscar Glez. Docampo como secretario e José García Sante como tesoureiro.
Destacar que xogadores do primeiro equipo de fútbol incorpóranse ó grupo de traballo (Montxo, Roi, Jorge, Recalde, Noé, Garrafín... ) ou exxogadores como Chicho, Dani Rego, Felipe e Omar e adestradores das distintas seccións como Mariano De La Torre ou Juan Luís Méndez. Completan o equipo a maioría dos directivos da directiva saínte.
Un grupo moi amplio e con ganas de seguir traballando na misma línea de continuidade polo noso deporte, o deporte de Lourenzá.