Nova gran actuación das balas do Maderas Barcia nun campionato autonómico.
Fer Vallines logo dun mellor lanzamento co peso de 4 kilos de 13,84 logrou adxudicarse o Campionato Galego e realizou a marca mínima para representarnos no vindeiro Campionato de España sub-16 (marca mínima 13.75) o vindeiro 7 de xullo en Xixón. Ademáis ten todas as papeletas para viaxar a mediados de xuño coa selección galega a Madrid para partir no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Ademáis subíu ó pódium unha vez máis Ana Vallines, nos 3000 lisos xuvenil con un tempo de 11,31,51 ( a 3,50 o kilómetro).
Uxía Salvatierra clasificouse nas semifinais de 100 valados para a final con un tempo de 18,10 e foi 6ª na gran final con un tempazo de 17,65.
Alberto Ratoeira competía nos 300 lisos, realizando unha marca de 43,13 para ser 5º da xeral.
Carme Alonso actuou nos 1500 obstáculos, con un tempo de 6,33 para ser 9ª.
Iria Otero competía nos 3000 lisos, acadando a 9ª praza con un tempo de 12,13,79. O seu compañeiro Manu Rguez. tamén participaba nos 3000, acadando unha meritoria 4ª praza con un tempo final de 10,14.
Finalmente, Marcos Rivas estivo nos 1500, con un 12º posto final con unha marca de 4,56.