16 de maio de 2019

A sección de Duatlon, rumbo ó Galego de Porto do Son.

No día de hoxe parte da expedición viaxa ó Porto de Son para participar mañá no CAMPIONATO GALEGO de Duatlon federado
En categoría Alevín Feminino participará Hlenar Méndez (actual campiona provincial), coa intención de entrar entre as mellores da competición a pesar de ser atleta de primeiro ano.
Na categoría Benxamín teremos a todo o equipo que logrou o campionato provincial (Fabián Otero, Iago Longarela, Borja Nogueira, Samu Sanjurgo, Alex Santor e Sergio García) onde Fabián Otero como campión provincial intentará estar o máis arriba posible.
En Infantil tamén estará un ano máis Ian Méndez e xa na cadete contaremos co equipo subcampión provincial formado por Samu Debasa, Anxo Edrosa e Marcos Rivas.
Moita sorte a todos e a disfrutar!!!


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe