15 de set. de 2016

O CONCELLO REALIZA OBRAS PARA MELLORAR AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN MUNICIPAL!!! NORABOA A TOD@S!!!

O Concello de Lourenzá realiza obras para mellora as instalacións do pavillón polideportivo municipal. Os traballos foron supervisados pola alcaldesa, Rocío López, e polo concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva.
O edil de Deportes explicou que “para a execución destas obras a Vicepresidencia da Xunta de Galicia concedeu un total de 31.000 euros, ao abeiro do programa de subvencións destinadas á creación e mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais”.

Francisco Dasilva salientou que “é fundamental manter en bo estado as instalacións deportivas se queremos ofrecer un bo servizo aos usuarios e contribuír así en mellorar a calidade da actividade deportiva no noso concello. As obras de mellora que se acometen no polideportivo están encamiñadas a solucionar os problemas de goteiras e humidades existentes tanto nas paredes como na cuberta do edificio. Os traballos inclúen a substitución de parte das placas da cuberta do edificio central por outras de similares características e a mellora da cuberta e dos canlóns dos vestiarios e das edificacións anexas. Tamén se levou a cabo a substitución de parte dos ventanais translúcidos existentes na fachada sur por placas de vidro laminado incoloro, que permiten a entrada de máis luz no interior do edificio”.

O concelleiro de Deportes rematou comentando: “estamos a cumprir os nosos compromisos co deporte investindo nas instalacións co fin de mellorar a práctica deportiva no noso concello”.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe