Aínda que pasa o tempo a xesta lograda no seu día pola atleta das Escolas
Laura Campos Riopedre non se nos olvida. Fai 10 anos proclamábase en San Sebastián Subcampiona xuvenil de pista cuberta nos 400 metros valados e no 2015 en Torrent (Valencia) alcanzaba o campionato de España en categoría cadete nos 300 metros valados batindo un récord galego que segue presente ata o de agora. Por eso o vindeiro domingo día 2 de outubro, en plena festa da Faba será a MADRIÑA que fará xunto coa nosa Alcaldesa Rocío López o protocolario corte de cinta.
|
Laura Campos, como campiona de España en Torret(Valencia) |