1 de set. de 2016

Muebles Huertas e Terras da Mariña continuarán patrocinando os equipos de Basket Feminino!!!

Muebles Huertas en Autonómica Sénior e Terras da Mariña en Autonómica Infantil seguirán vinculados ós equipos das Escolas. Ambas marcas sellan a continuidade unha temporada máis como principais sponsors. 
Onte tivo lugar a presentación de ambos equipos no pavillón municipal, nun acto que estiveron presentes a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Rocío López, o Concelleiro de Deportes D. Francisco Dasilva, o Presidente do Club D. Pablo Maseda e os representantes de Muebles Hueras e Terras da Mariña.
O equipo de Autonómica presenta as novedades no banquillo de Diego Gigan, natural de Castro e da xogadora Julia López procedente do Pío XII de Santiago.
Os equipos comenzarán a adestrar en breve aínda que non en Lourenzá posto que o pavillón estará un mes de obras.
O equipo infantil estará vinculado esta temporada ó Porta XI Ensino polo que as xogadoras poderán alternar as convocatorias do primeiro equipo en Liga Galega coas convocatorias en provicial, e seguirá ó fronte do mesmo Mariano de la Torre.
Moita sorte a ambos equipos nesta nova andaina!!! Vamos!!!



Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe