9 de ago. de 2016

O nome de Lourenzá sonou no máis alto na prestixiosa Milla de Ares coa nova actuación das balas das escolas!!!

Desprazabase o pasado sábado parte da armada da sección de atletismo das Escolas á vila de Ares para participar na súa Prestixiosa Milla no paseo marítimo desta vila mariñeira.
En benxamín feminino, título para Iria Rguez (1,40) en 500 lisos, seguida de Carlota Fontela(Marineda Atlético) e bronce para Henar Méndez (1,45). Participaba tamén Emma García (14ª) dun total de 30 participantes nesta categoría.
En alevín feminino Carmen García 4ª con un tempo de 3,06 nos 800 lisos.
Na categoría alevín masculino protagonismo para Ian Méndez, 2º con un tempo de 2,46 nos 800 lisos, só superado por un segundo por Raúl Gil de Ría Ferrol.
Triunfo de Ainara Rguez. en infantil feminino (3,16 en 1000 metros), seguida de Deki Mato(Millaraio) e a laurentina Ana Vallines (bronce con 3,30).
Ademáis, boa carreira do cadete Cristian Piñeiro que paraba o crono na milla (1600) con un tempo de 5,09 obtendo a medalla de prata.
Un total de 2 títulos e 6 pódiums para unha sección que estará repleta de actividades de cara ó vindeiro fin de semana: Venres en Viveiro Popular Adrián Ben, Sábado á mañá en Guitiriz(Villares), domingo á mañá en Foz e pola tarde en Piantón (Vegadeo).
ACCESO A FOTOS MILLA DE ARES


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe