1 de abr. de 2013

Síndrome Post "Lourenzá en Xogo 2013".

Como ben dixo un compañeiro noso de organización do torneo na edición pasada, ...48 horas despois da clausura oficial seguimos co síndrome post-lourenzá en xogo tratando de recuperarnos!!!

Un millón de GRACIAS para aqueles que botastes unha man de forma desinteresada formando parte dunha organización de preto de 80 persoas!!!. Con particular cariño para Ainhoa, Brenan e Miguel como encargados de pista,  para os rapaces das estadísticas coordinados por Manu, as encargadas de mesas,  ós directivos das escolas (gran noite Celta, por certo!!!), ó Ensino Lugo, a Juan Nécega,  ó persoal do Concello de Lourenzá que botou unha man en todos os turnos establecidos, a todo o equipo de Molou con Raúl, Santi e Mariano á cabeza, á empresa de cátering das comidas, ó grupo Aires do Padornelo, ós Patrocinadores (Neli, Cabaleiro e Augacons), a un mogollón de empresas colaboradoras..., a asociación de Sto. Tomé, a Asociación Conde Santo, a Acial capitaneada por Víctor,.....
Non nos podemos esquecer dos grandes protagonistas,OS EQUIPOS, AS XOGADORAS e os ADESTRADORES,  que fixestes que pasáramos unhos días inesquecibles dun gran ambiente festivo e deportivo. Felicidades para  tod@s!!!
No día de mañá subiremos un mogollón de fotos que reflexan todo o vivido!!!
Un millón de GRACIAS!!!.
Asdo: COMITÉ TÉCNICO LOURENZÁ EN XOGO 2013!!!

P.D.:  O XI LOURENZÁ EN XOGO 2014!!! EN MARCHA...!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe