8 de ago. de 2015

Ainhoa Vega e Laura Fdez. asumen o mando do novo equipo Junior, presentado co equipo de Autonómica!!!

As E.D. Lourenzá tratarán esta vindeira temporada de dar de alta un novo equipo en competición oficial que non tíñamos a temporada pasada, neste caso o equipo júnior. Para eso estarán ó fronte desa labor Laura Fdez. e Ainhoa Vega (xogadoras do equipo de autonómica) que asumen este reto con moitísima ilusión.
O equipo estará formado por varias xogadoras que pasan da idade cadete así como tres incorporacións procedentes do Celtas Foz: Rosalía Rguez, Antía Río e María Pérez.
No día de onte presentouse tamén o equipo de Autonómica nun acto no que estiveron presentes o Concelleiro de deportes Francisco Rivas Dasilva así como o presidente do clube Pablo Maseda.
No equipo de autonómica continúa a maioría do plantel da temporada pasada salvo as baixas de Milca Rubal, Paula Tarrón e Cristina Rubal. Espéranse tamén varias incorporacións, unha xa confirmada como é a xogadora Raquel Picoaga; formada nas categorías inferiores das E.D. Lourenzá.
A vindeira semana as xogadoras están citadas para o primeiro adestramento no Municipal de Lourenzá o vindeiro mércores día 12 de agosto ás 20:00 horas.


Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe