Non hai catro sen cinco . O Equipo Alevín adestrado por Michael non se cansa de facer historia e volve a conseguir un novo título que acumula ó ser o Campión Provincial de Fútbol Sala, Campión de Liga de A Mariña, Campión de Copa da Mariña e Campión do Torneo de Fútbol 8 Santiago de Foz.
Nunha final xogada ás 16:00 horas e diante do Racing La Paloma de Madrid, os goles de Manu Río e Andrés (Final 2-1) fixeron posible un novo título para as Escolas Deportivas. Felicitar a xogadores, adestrador, delegada, ós familiares deste grupo de gladiadores que non deixan nunca de animar e, en definitiva a toda a familia das Escolas por este novo título de prestixio. GRANDES!!!