25 de xul. de 2014

Atleti: Un equipo de Primeira. PRESENTACIÓN 2014/2015

Reto: O Retorno a Primeira!!!
No día de onte presentouse o Atleti 2014/2015 en sociedade. Coa aposta como primeiro técnico do equipo de Roberto Ramallal, coa continuidade de toda a plantilla da temporada pasada excepto as baixas de Dani e Isaac, coas incorporacións de Chinco, Manu, Rudvan, Carro e Jorge (todos formados nas categorías inferiores das E.D. Lourenzá); ademáis dos que proceden de xuvenís Pichi, Diego López e Manu, fan do primeiro equipo das Escolas unha plantilla moi competitiva que seguro fará disfrutar ós socios e aficionados en Sta. Cruz nesta temporada. A plantilla estuvo acompañada onte polo Presidente das Escolas, Pablo Maseda Fernández; así como do secretario técnico do clube Oscar González, o delegado do primeiro equipo José Rodríguez así como dos directivos Moisés Chao, Eduardo Iglesias, Juan López e Nicomedes Otero.
Logo das primeiras carreiras polo céspede de Sta. Cruz, degustaron entre todos dunha churrascada!!!
VER AS FOTOS DA PRESENTACIÓN!!!
FOTO PRESENTACIÓN ATLETI TEMPORADA 2014 2015

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe