As E.D.
Lourenzá Mondoñedo teñen novo equipo sénior de basket feminino. No dia de hoxe,
que era o última para inscribir o equipo, concretouse de forma oficial a
inscripción para participar na Liga Provincial de Lugo e Coruña.
Así
pois, por primeira vez na historia as Escolas presentarán dous equipos en ámbito
sénior feminino, un en Nacional e outro en Provincial.
As rapazas
que se farán cargo da secretaría técnica e xogarán tamén neste novo proxecto serán
a capitana durante moitos anos en autonómica Laura Fernández e a tamén xogadora
formada nas categorías inferiores Andrea Rodríguez.
Ademáis
o equipo agora mesmo está formado polas exxogadoras de autonómica, a laurentina Marta
Peláez, a burelesa María García Novoa e a focense Ainhoa Vega; coas sénior Iria Sánchez, Milka Rubal e
Cristina Rubal e as júnior Tania Irimia, Patrícia Rguez e María Taboada. Da delegación do equipo encargarase Noelia
García e como adestrador estará Mariano De La Torre. Moita sorte!!!
Laurinha e Ainhoa recollendo o Trofeo no Lourenzá en Xogo 2012 |