9 de set. de 2013

Emma, Brais, Diana, Nico, Ana, Xana e Aarón vencen na Benquerencia Terra Mar no regreso de Manuel Folgueira á sección!!!

Impresionante día o de onte en Barreiros que nos permitíu disfrutar da I Carreira Popular Terra Mar de Benquerencia. Noraboa á organización polo traballo realizado nesta primeira edición.
Resultados Categorías Inferiores:
PITUFOS FEMININO: 1ª – Emma García.
PREBX MASCULINO: 1º- Brais Diaz. 3º - David Martínez.
PREBX FEMININO: 1º- Diana Lastra. 2ª – Carmen García.
BX. MASCULINO: 1º- Nicolás Álvarez.
BX. FEMININO: 2ª – Hiba Bouyzar
AV. FEMININO: 1ª – Ana Vallines
INF. FEMININO: 1ª – Xana Rodríguez
CAD. MASCULINO: 1º - Aarón Rivas
CAD. FEMININO: 3ª – Camen López    
Resultados Adultos:
No día de onte debutaban dous exalumnos que se formaron nas nosas Escolas e que volven pola porta grande á sección de atletismo: Martín Pardiñas e o que fóra no ano 2000 subcampión galego de Campo a Través, Manuel Folgueira. Ambos, xunto con José Carlos Díaz fixeron un carreirón nos 7 kilómetros da proba:
- Manuel Folgueira: 13º Xeral / 5º Sénior/ : 28,18
- Martín Pardiñas: 18º Xeral / 7º Sénior/ : 29,31
- J. Carlos Díaz: 31º Xeral / 14º Veterano A/: 31,15.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe