Onte xoves presentaronse as Categorías Menores das Escolas Deportivas, concretamente os equipos de fútbol sala prebenxamín, benxamín e alevín, fútbol 8 alevín; así como as seccións de baloncesto (benxamín e alevín), atletismo, patinaxe, bádminton e tenis de mesa das E.D. Lourenzá Mondoñedo. O resto de equipos xa tiveron as súas presentacións dende comenzos de agosto e levan máis tempo adestrando.
No ano que coincide coa 19ª Edición estiveron presentes, ademáis de pais e directivos a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Emma Alvarez Chao, o Concelleiro de Deportes D. Pablo Maseda e o Deputado Autonómico D. Vidal Martínez.
Na sección de fútbol/fútbol sala os rapaces Prebenxamíns e Benxamíns estarán dirixidos por David Cabaleiro mentres que no equipo Alevín estará adestrando Michael Sante. Completan o cadro Brenan Rivas co infantil, Ramiro Chao ó fronte do cadete e Javi Chinchón co xuvenil.
Na sección de basket Raúl Glez estará coas categorías Mini (Benxamín e Alevín) e Santi e Mariano cos equipos Cadete e Infantil. Juan Nécega dirixirá ó equipo sénior no seu debut en Liga Nacional.
En canto á sección de atletismo os pequenos serán adestrados por Rubén Piñeiroa e dos adultos encargarase José Carlos Diaz.
Tania Irimia seguirá como Monitora de Patinaxe e Raúl Glez. estará á fronte das seccións de Tenis de Mesa e Bádminton.
P.d: Se a foto non se ve ben, poñede se queredes unha de arquivo, posto que a que enviamos ó ser tantos nenos non se ve como debería. Saúdos.