No día de onte foi presentado o Atleti 2013/2014. No acto estiveron presentes, ademáis dos xogadores da plantilla e directiva a Alcaldesa de Lourenzá Dª. Emma Álvarez e o Presidente das Escolas e Concelleiro de Deportes Pablo Maseda.
Con Álvarez Renda comandando a nave e con unha nova secretaría técnica coordinada polos capitanes e encabezada polo directivo Oscar González a plantilla presentouse con ata 8 caras novas: Dani Neira (a pasada temporada cedido no vinculado Mondoñedo CF), Chicho(procede do fútbol sala), Isaac Fdez(Lugo Xuvenil), Felipe González(lesionado durante toda a temporada pasada), Vinicius (Xuvenil), Noé Recalde (Iberia), e retoman a práctica de fútbol un dos capitanes e alma máter do equipo en temporadas anteriores Pachicho así como o gardameta Iván Lombardía, que militou en equipos como o Iberia, Ribadeo ou Xove Lago e con amplia experiencia na categoría.
Dende a directiva queremos agradecer especialmente o traballo de componentes da plantilla que estiveron con nós estes anos e que son baixa por diferentes motivos, desexándolles a mellor sorte do mundo e deixándolles tamén abertas as portas para un futuro de novo en Sta. Cruz: o míster José Manuel (novo adestrador do Viveiro), Isra (Alta no Mondoñedo CF); Miguel (Alta no Castro), Oli(Alta no Santaballés) así como a Luís Varela, Luchi e Rubén. GRANDES!!!
VER TODAS AS FOTOS PRESENTACIÓN ATLETI