1 de xul. de 2013

As Escolas estrean Secretaría Técnica!!! Vamos Atleti!!!

Dende fai xa un mes a nova secretaría técnica das Escolas traballa na confección do equipo de 1ª autonómica para a vindeira temporada 2013-2014. Co directivo Oscar González á cabeza e secundado polos capitanes Iván Recalde, Montxo Seivane, Dani Rego e David Cabaleiro serán os encargados de levar a batuta do apartado deportivo do equipo.
Nos vindeiros días anunciarannos a incorporación do novo adestrador do equipo co que xa teñen un principio de acordo e faltan por ultimar os últimos flecos. No capítulo de xogadores, está renovada o 75% da plantilla do ano pasado.
Continúan un ano maís defendendo a camiseta do Atleti a día de hoxe os defensas  Lucas, Martín, Javi Chinchón, Brenan, Omar, Roi e Felipe. Os medios Miguel Ángel, Jorge, Iván Recalde, Dani Rego, Garrafín e Montxo así como os dianteiros Fran e Marcos e o porteiro Bugui. Causan baixa de momento Luís Varela, Oli e Emérito; éste último por pasarse á disciplina do Triatlon. Están pendentes de renovación os defensas Israel e Luchi así como o mellor porteiro da pasada temporada na categoría Rubén. As nova altas do equipo de momento son Chicho, un home da casa que procede do fútbol sala e que xa participou varias temporadas no equipo e Vinicius, centrocampista que procede do xuvenil.
Dende a Directiva das Escolas desexámoslle toda a sorte do mundo a esta nova Secretaría Técnica!!!
Forza Atleti!!!
Plantilla de 1ª Autonómica 2012/2013 no partido diante do Foz.

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe