Proeza sen límites dos "papás" das nosas figuras do atletismo na carreira de montaña de A Pontenova este pasado domingo. Sobre unha distancia de 19 kilómetros 150 metros tiveron que superar un desnivel real de 443 metros con unha pendente acumulada de 5665 metros.
Xoan Manuel Rguez(15), José Carlos Díaz(19), Marcos Rguez(27) e Luís Graña(41); todos lograron entrar entre os 50 primeiros nunha proba durísima con rampas que chegaron ó 26% de desnivel. Seguro que Xana, Aleix, Ainara e Claudia están super orgullosos do papel desempeñado na proba polos seus proxenitores,
Grandes!!!
A vindeira temporada dende a directiva das Escolas estase estudiando a creación da sección de Adultos e Veteranos na disciplina de Atletismo, polo que todos aqueles que sexades maiores de 18 anos e vos queirades apuntar a esta fenomenal iniciativa podedes poñervos en contacto con nós no correo: escolaslourenza@gmail.com!!!
FOTOS CARREIRA DE MONTAÑA DE A PONTENOVA
|
Jose e Marcos despois de finalizar a proba |