A dúas semanas da gran cea baile que clausura as E.D. Lourenzá Mondoñedo parece ser que o pavillón Viñas da Veiga quedarase "pequeno" para a ocasión. Todos os alumn@s das Escolas están invitados á mesma, e todas as demáis persoas que queiran disfrutar da mesma poderán facelo recollendo tickets á venta por 6 euros que están en Lourenzá no Baos, Xiraldo, Ana Sport, Morrigan e Neli. Na clausura do ano pasado en Vilanova estivemos preto dos 200 comensais, e este ano que nos toca en Mondoñedo sobrepasaremos con moito esta cifra. O vindeiro mércores día 12 de xuño será o último no que se podan recoller as entradas. Moitas gracias pola vosa colaboración!!!