9 de xuño de 2013

Histórico: 5 metais e 2 Campións no Galego de Atletismo!!!

Xornada histórica e para enmarcar a vivida onte en Vilagarcía de Arousa dos atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo. Admirados quedamos cando a mindoniense Ainara Rodríguez abría o camiño dos títulos galegos desta xeración o ano pasado en Ferrol no Campionato de 50 lisos; pero o de onte confirma o bo momento desta xeración de ouro: para enmarcar despois dos impresionantes resultados conseguidos que nos sitúan á par da élite galega!!!
Ana Vallines Fernández, CAMPIONA GALEGA DE 2000 METROS LISOS(AV. FEMININO).
Con un tempo de 7,41,59 (baixaba en 8 segundos a mellor marca persoal do ano) e ganaba o título autonómico a atleta de Sto. Tomé. Impresionante carreira na que mandou de principio a fin. 
Hugo Rodríguez Pardo, CAMPIÓN GALEGO DE PESO (AV. MASCULINO).
Con un lanzamento de 8,38 ganaba Hugo por segunda vez o título autonómico en peso sendo o único atleta que pasaba dos 8 metros. Hugo obtiña ademáis a 5ª posición en pelota con un lanzamento de 25,46.
Bruno Santos Díaz, SUBCAMPIÓN GALEGO DE PESO (AV. MASCULINO).
Gran traballo con un lanzamento de 7,46 que obtiña unha meritoria medalla de prata.
Adnan Itrih, SUBCAMPIÓN GALEGO DE PELOTA (AV. MASCULINO).
Lanzamento de 29,33 co que quedaba a escasos centímetros do ouro. Adnan era ademáis 7º en peso con unha marca de 6,60.
Ainara Rodríguez Ares, BRONCE EN 1000 (AV. FEMININO).
Na mellor carreira do campionato coas 5 mellores atletas do momento no medio fondo Ainara non defraudou e obtiña un meritorio bronce baixando en 4 segundos a súa mellor marca do ano con un tempo de 3,32,74. Ainara sería tamén a primeira da súa xeración, o 2003.
Ademáis, Aleix Díaz remataba en 7ª posición na final dos 500 lisos Alevín Masculino rebaixando en 3 segundos a súa mellor marca persoal con un tempo de 1,36,39; sendo ademáis o segundo da súa xeración de primeiro ano, o 2003. E para finalizar Julia Córdoba obtiña o posto 14 en Peso Alevín Feminino con un concurso de 5,29.
Agradecer dende a directiva o traballo realizado durante toda a temporada por estes atletas que nos enchen de orgullo e representan pola xeografía galega, acompañados dun grupo de pais e colaboradores que traballan semana a semana para que esto sexa posible, en especial a Marisa, Marcos, Jose e Ismael. Gracias e Noraboa!!!

Vídeo da Exhibición das Subcampionas Provinciais de Patinaxe